CISNE BM. 25 – CALVO XIRIA 33

1ª DIVISIÓN ESTATAL – XORNADA 24
26/03/2011 CISNE BM. 25 – CALVO XIRIA 33
Cisne Bm. 25 (12+13): Galán [p], Pablo Domínguez (6, 2 de 7 metros), Pachi (5), González (3), Lorenzo (5), Chan, Casal (2) -equipo inicial- Carballa [p], Sánchez, Montesinos (1), Panero (2), Picallo (1), Quintáns, Sio.

Calvo Xiria 33 (18+15): Iago [p], Álex García (1), Dubra (5), Jesús (1), Manu (4), Borja (1), Ramón -equipo inicial- Kike [p], Pablo (14, 4 de 7 metros), Christopher (2), Fernando, Álex Zas, Ángel (2), David (3).

Colexiados: Carme Montané René e Javier Varas Vilaseca do colexio catalán. Excluíron aos locais Chan (15 e 31), Domínguez (23) e Sánchez (53), tamén aos xogadores visitantes Alex García (21), Borja (38) e Fernando (51).

Marcador: 1 – 3, 3 – 7, 6 – 11, 9 – 14, 11 – 17, 12 – 18 (descanso); 15 – 20, 18 – 24, 19 – 26, 19 – 29, 22 – 31, 25 – 33 (final).

7 metros: Cisne Bm.: 2 / 2 ### Calvo Xiria: 4 / 4
Xornada vixésimocuarta na liga de Primeira Estatal Masculina na que se enfrotaban en Pontevedra o conxunto local do Cisne e o Calvo Xiria, cada un cun obxectivo claro: os pontevedreses conseguir a permanencia de forma matemática e os carballeses seguir no segundo posto da táboa clasificatoria. O resultado final de 25 – 33 a prol do Calvo permítelle unha semana máis estar en posición de xogar fase de ascenso. Para os pontevedreses a derrota non supuxo máis que a perda de dous puntos xa que a SAR non puido puntuar na súa visita ao líder Gijón e polo tanto, xunto co Base Oviedo, son os dous equipos que descenden na presente tempada.

O partido estivo marcado pola intensidade defensiva do Calvo Xiria que en ningún momento cedeu o mando no marcador nin no xogo ante un Cisne que tivo unha pequena reacción despois dun tempo morto no minuto 12 de xogo, achegándose a dous goles dos carballeses, mais de novo o traballo en defensa e a aportación na portería traducíronse en tres contras para deixar no minuto 15 un parcial de 9 – 14. Dende ese intre o Calvo adicouse a manexar o tempo do partido e, pouco a pouco, foi abrindo brecha ata chegar a ter once goles de diferenza que daban tranquilidade a un conxunto ao que aínda lle quedan dous partidos para asegurar a segunda praza na liga.

Como xa ben sendo habitual destacar a participación nos encontros do Calvo dos seus seguidores, que non deixan de apoiar aos xogadores carballeses durante os sesenta minutos, tanto na casa como nos desprazamentos… desta volta un cento de seareiros carballeses deron cor verde á grada do Estadio da Xuventude convertidoo nunha segunda casa para o Xiria.

Na vindeira xornada o Calvo Xiria recibe, o sábado ás 19.00 h no Pavillón Mpal. Vila de Noia, ao Mecalia At. Novás no que será o penúltimo, último na casa, partido de liga e no que o Xiria, se vence aos do Rosal, acadaría de xeito matemático esa segunda posición. Ademais do choque será unha xornada festiva posto que ás 16.00 h terá lugar a “I Xuntanza de Ex-Xogadores” con uns partidillos no mesmo escenario e xa pola noite teremos a habitual cea do club, que nesta ocasion será no CEIP Fogar onde tras a cea se celebrará unha festa con actuacións musicais e pinchadiscos.