BM. MOAÑA A 26 – GARAYSA XIRIA 22
Bm Moaña A 26 (10+16): Ángel, Borja (1), Raúl (9), Sergio (2), Karl, Carlos Meira, Carlos Piñeiro, Xesús, Abel (5), Hector (1), Víctor e Alejandro (7). Garaysa Xiria 22 (11+11):…
Bm Moaña A 26 (10+16): Ángel, Borja (1), Raúl (9), Sergio (2), Karl, Carlos Meira, Carlos Piñeiro, Xesús, Abel (5), Hector (1), Víctor e Alejandro (7).
Garaysa Xiria 22 (11+11): Jorge, Cristian (5), Daniel García, Iván (1), Óscar, Julián (11) Enrique, Raúl (3), Diego (1), Manuel (1), Daniel Buño, Gabriel, Fran e Miguel.
Colexiados: Gonzalo Piñeiro e Alba Currás.
Partido pertencente á 17 xornada de liga no que o Garaysa Xiria perdeu unha boa ocasión de puntuar fóra da casa ante un rival mellor clasficado, o BM Moaña, nun encontro que só se lles ía escapar aos carballeses nos intres finais.
Os de Carballo plantexaron un partido moi serio, con sede de vinganza tras a derrota sufrida na casa no partido de ida, e así comezou a primeira metade mandando no marcador. Con boas accións defensivas e con moito criterio en ataque, movendo o balón con continuidade e acertando a maior parte das veces na selección de lanzamento con Julián como máximo artilleiro.
Pero tras o descanso os do Morrazo reaccionaron e da man de Raúl e Alejandro, con 16 goles entre os dous, deron a volta ao partido. Pero ao Xiria aínda lle quedaba unha úlitma baza que xogar, Cristian con 3 goles consecutivos dende o extremo puxo en apretos ao Moaña, que a falta de 4 minutos viu perigar a vitoria, pero un despiste en defensa e as presas en ataque botaron por terra todas as opcións de levar os 2 puntos. Ao final 26 – 22, nun partido moi intenso que o Garaysa non deixou escapar e pelexou ata o remate. Noraboa polo esforzo realizado que aínda que nesta ocasión non tivo recompensa non será así para outra vez.