Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

GARAYSA XIRIA 29 – BALONMÁN LALÍN 41

Non dispomos de datos, posto que non se presentaron os colexiados ao enganarse coa data do encontro. Dirixiron o partido dous xogadores cadetes do Xiria. Partido aprazado pertencente á 16ª…

Non dispomos de datos, posto que non se presentaron os colexiados ao enganarse coa data do encontro. Dirixiron o partido dous xogadores cadetes do Xiria.

Partido aprazado pertencente á 16ª xornada de liga na División do Honra Infantil. O encontro comezou con retraso agardando polos colexiados. Estes tiveron unha confusión coa data e finalmente optouse por que dirixiran o partido dous xogadores cadetes do Xiria.

Dificil tarefa a que tiña o equipo carballés fronte ao segundo clasificado, un equipo moi forte e con xogadores moi corpulentos.

Comezou mandando o equipo dezano que obtivo unha importante renda de 5 goles nos primeiros 10 minutos do encontro. O Garaysa Xiria amosaba carencias no control do balón cando os contrincantes presionaban e o xogo ofensivo dos de Carballo foi moi estático, sen movementos sen balón para apoiar aos compañeiros.

Non se pode poñer como disculpa a maior corpulencia dos lalineneses posto que o maior lastre dos carballeses foi esa falta de mobilidade.