BM NARÓN 16 – ASESORIA SUEIRO XIRIA 8
Bm Narón: Iria, María (2), Silvia (6), Nerea (2), Iria Rodríguez (5), Carla (1), Estela -equipo inicial- Ainhoa, Sabela, Jessica, Zoraida. Asesoría Sueiro Xiria: Rosana (1), María, Carolina (4), Cristina…
Bm Narón: Iria, María (2), Silvia (6), Nerea (2), Iria Rodríguez (5), Carla (1), Estela -equipo inicial- Ainhoa, Sabela, Jessica, Zoraida.
Asesoría Sueiro Xiria: Rosana (1), María, Carolina (4), Cristina (3), Paula, Noelia, Florencia.
Colexiados: Os colexiados Enrique Taboada e Hector Piñeiro pasaron desapercibidos.
O Asesoria Sueiro Xiria colleitou unha derrota na dificil pista naronesa na cuarta xornada do campionato provincial infantil feminino.
O Bm Narón foi moi superior ao longo dos cincuenta minutos de xogo, dando mostras de que levan moito máis anos xogando ao balonmán que as xogadoras carballesas do equipo carballés, que ademáis conta con tres xogadoras de categoría alevín nas súas filas. As xogadoras visitantes loitaron con intensidade e melloraron no xogo con respecto ao partido anterior da primeira volta, aínda que, como dicíamos, a diferenza, nestes intres, é moi notable entre un e outro conxunto.
A primeira matade remataba con vantaxe de catro tantos no marcador, 8-4, a prol das locais, cun meritorio traballo das carballesas.
Na reanudación, o equipo de Narón impuxo a sua maior experiencia, ademais o equipo que adestran Fernando Vázquez e Sebas Álvarez so dispón de sete xogadoras na sua plantilla, o que supón unha gran carga física segundo van avanzando os partidos. Todo isto decantou un marcador final a prol das locais de 16-8 que lles deixa practicamente en bandexa a consecución do campionato.
Esperanzadora mellora por parte do Asesoria Sueiro Xiria, que anticipa que se as rapazas traballan como o estan facendo poden alcanzar un mellor nivel de cara ao ano que ven.