Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

CAIXANOVA OAR 21 – GARAYSA XIRIA 16

Caixanova OAR (11+10) 21: Roberto, Francisco (2), David (1), Rodrigo (2), Denis (4), Fernando (3), Juan (6) -equipo inicial- Jorge, Luis, Alberto, Jacobo (1), Saul (2) e Martiño. Garaysa Xiria…

Caixanova OAR (11+10) 21: Roberto, Francisco (2), David (1), Rodrigo (2), Denis (4), Fernando (3), Juan (6) -equipo inicial- Jorge, Luis, Alberto, Jacobo (1), Saul (2) e Martiño.

Garaysa Xiria (10+6) 16: Naya, Iván (1), Zas (2), Alberto (2), Ramón (5), Óscar (1), Diego Puente (3) -equipo inicial – David (1), Andrés (1), Diego, Dani e Néstor.

Árbitros: Srs. Picallo e Pérez, non influíron no marcador.

Partido correspondente á Liga Territorial Xuvenil Masculina no que o Garaysa Xiria encaixou unha derrota por 21 goles a 16, no descanso 11 a 10, co que practicamente queda sen opcións de acadar o título do campionato territorial.

Durante todo o partido impuxéronse as defensas cunha actuación salientable de Roberto, porteiro do OAR, que deixou en seis goles aos carballeses na segunda metade.

Dende os primeiros intres viuse que non ía ser un partido vistoso o disputado no Pavillón de San Francisco Xabier xa que as perdas de balón eran constantes e as imprecisións no xogo colectivo ofensivo convertéronse na tónica predominante. O Garaysa chegou a ir catro goles por debaixo , 7 -3, no primeiro tempo pero pouco a pouco e baseándose na defensa acurtou a diferenza ata quedar no 11 – 10 que reflictía o marcador no intermedio. Os dous equipos tiñan opcións de poder facerse cos dous puntos no momento no que se centrasen minimamente en ataque e na finalización.

O OAR foi o que logrou atopar portería con máis facilidade e rompeu de novo e de xeito definitivo o encontro facendo baldíos os esforzos dos xogadores do Xiria de se achegar no marcador.

A vindeira semana o Garaysa recibe en Carballo á EM Camariñas, líder invicto da competición, nun partido que se antollaba vital para dicidir o campionato pero que tras esta derrota do Xiria tan só será vital para que os rapaces de Marcos Rodríguez poidan acadar o segundo posto que da acceso ao Campionato Galego.