Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

BM NARÓN 21 – PROCASA XIRIA 23

Bm Narón: Dopico, Bruno, Alejandro (4), Adrian (2), Alberto (10), José (4), Sergio (1) -equipo inicial- Juan, Ramón, Rivas, Borja. Procasa Xiria: Carlos, Edu (3), Álex (5), Jorge Bouzas (6),…

Bm Narón: Dopico, Bruno, Alejandro (4), Adrian (2), Alberto (10), José (4), Sergio (1) -equipo inicial- Juan, Ramón, Rivas, Borja.

Procasa Xiria: Carlos, Edu (3), Álex (5), Jorge Bouzas (6), Luis Iglesias (3), Javi, Ruben Anes (2) -equipo inicial- Calvete, Nogales, Martín Alfeirán, Rubén Lamas (4).
Colexiado: O colexiado Iago García non tivo unha actuación exitosa, sobre todo na segunda parte, onde cometeu numerosos erros tanto para o equipo local coma para o visitante, aínda que non influiu no resultado final.

O pasado Sabado disputouse a segunda xornada na liga regular infantil masculina e o equipo de primeiro ano, o Procasa Xiria, conquería a súa primeira vitoria da campaña ao gañar en Narón ao equipo local.

Antes de nada hai que dicir que, aínda que o marcador oficial é de 21-23, a verdade e que o partido caeu do lado visitante por 20-24, pero un erro na redacción do acta por parte do colexiado deixa como resultado final o anteriormente dito.

O partido foi moi igualado ao longo dos cincuenta minutos, aínda que con vantaxes case sempre do equipo bergantiñán. Os xogadores carballeses eran moi superiores na técnica individual, pero sobre todo no xogo en conxunto e na táctica colectiva.

Os xogadores do Bm Narón aproveitaban a sua maior envergadura e forza física que lles concede a sua maior idade, pero en ningun momento xogaban en conxunto. O abuso do bote e de situacions anarquicas no un contra un era o que os mantiña no partido, así coma unha defensa pechada que supoñií serias dificultades para os de Carballo debido a súa antropometría e a súa falta de lanzamento a distancia.

Os visitantes, coma ocurrira xa no primeiro partido de liga, aínda se están afacer a xogar no 40×20 e os nervos que atenazan a moitos dos xogadores son ,nestes momentos, un dos factores que impiden desenvolver a estes rapaces todo o que saben facer.

Pouco a pouco o equipo irá mellorando e irá dando os pasos necesarios de cara a asimilar o traballo e a planificación deste ano que, de momento, segue un bo curso.