CALVO XIRIA 44 – BM. CAMARIÑAS CONSERVAS BOYA 31

24/11/2007 CALVO XIRIA 44 – BM. CAMARIÑAS CONSERVAS BOYA 31
SEGUNDO O ACTA DO PARTIDO:

Calvo Xiria (17+27) 44: Enrique, Cristophe (3), Fernando Vázquez (5), Alex (4), Cuco (7), Bruno (1) e Dubra (7) -equipo inicial- Iago, Sebastián, Pombo (3), Roberto (6), Chimpo (2), Pablo (2) e Manuel (4).

Bm. Camariñas Conservas Boya (15+16) 31: Cristian, Alan (9), Felipe (5), Quin (5), Borja (6), Fabián (4), Catalán (2) -equipo inicial – Diego, Juan, Diango, Anxo e José Ramón.

Árbitros: José Carlos Fernández e Daniel Lago. Sen influencia no marcador a pesar de sinalar 6 exclusións ao Calvo Xiria e 14 ao Conservas Boya Camariñas.

SEGUNDO LA VOZ DE GALICIA:

Calvo Xiria (17+27) 44: Enrique, Cristophe, Fernando Vázquez (5), Alex (1), Cuco (6), Bruno (4) e Dubra (9) -equipo inicial- Iago, Sebastián (3), Pombo (3), Roberto (2), Chimpo, Pablo (10) e Manuel (1).

Bm. Camariñas Conservas Boya (15+16) 31: Cristian, Alan (10), Felipe (6), Quin (5), Borja (6), Fabián (3), Catalán (1) -equipo inicial – Diego, Juan, Diango, Anxo (1) e José Ramón.

Terceira vitoria consecutiva do Calvo Xiria tras derrotar ao Bm. Camariñas Conservas Boya por un contundente 44-31. A pesar da diferenza reflectida no marcador non foi quen o Calvo Xiria de encarrilar o partido ao seu favor ata mediada a segunda metade. Antes as alternacias no marcador foron continuas, comenzou mandando o equipo de Marcos Rodríguez por dous e tres goles grazas ás boas accións de Quique baixo paus que permitían contrataques e lanzamentos cómodos dende os seis metros. Pero as primeiras exclusións caeron do bando carballés e permitiron ao conxunto visitante achegarse no marcador e poñerse por diante. O liderato cambiou de máns de novo cunha exclusión por parte do Conservas Boya que permitía chegar ao tempo de lecer con vantaxe a prol do Calvo por dezasete goles a quince. Nada mudou nos primeiros dez minutos da reanudación e o marcador contiuaba a ser un balancín que mesmo ía a un lado que voltaba para o outro. Non apareceu a defensa por parte de ningún dos dous equipos ao longo de todo o encontro e calquera acción ofensiva, tanto individual coma colectiva, convertíase nun lanzamento franco, que fixo que os verdadeiros protagonistas fosen os gardamentas dos dous equipos.

A clave do encontro atopouse do minuto cuarenta ao cincuenta cando catro exclusións foron aproveitadas perfectamente por parte do Xiria ao tempo que os camariñáns desaparecían do partido en contínuas protestas e accións antideportivas. Os dez derradeiros minutos careceron de interese e só serviron para ir aumentando paulatinamente as diferenzas ata a ducia de goles definitiva. A vindeira xornada o Calvo Xiria desprázase a Vigo para disputar ante o Seis do Nadal un partido moi importante para que os carballeses poidan achegarse ás primeiras prazas.

Os datos dos goleadores reflectidos no acta non concordan cos datos reais, achéngase máis ao acontecido os datos publicados por «La Voz de Galicia».