BM NARÓN 21 – PROCASA XIRIA 35
Bm Narón (13+8) 21: Álex, Bruno, Álex N. (5), Adrián (4), Alberto (7), Julio (2), Sergio (1) -equipo inicial- José (2), Juan, Ramón, Iván, Borja. Procasa Xiria (14+21) 35: Martín,…
Bm Narón (13+8) 21: Álex, Bruno, Álex N. (5), Adrián (4), Alberto (7), Julio (2), Sergio (1) -equipo inicial- José (2), Juan, Ramón, Iván, Borja.
Procasa Xiria (14+21) 35: Martín, Martín Alfeirán (5), Álex (4), Rubén Gómez (10), Luís (2), Javi (2), Jorge (9) -equipo inicial- Calvete, Edu (3), Nogales, Miguel, Rubén Anes.
Colexiado: O colexiado Pablo Méndez estivo certamente desafortunado, en parte debido á presión do equipo local que o sacou do partido, aínda que non tivo influencia no marcador final
Segunda xornada de copa para o Procasa Xiria que conseguía, logo da derrota da pasada xornada na pista do Tirso, unha importante vitoria na pista do Bm Narón por 21-35.
O equipo carballes comezou o partido moi descentrado, tanto que non anotou o seu primer gol ata o minuto 7 do encontro. Os locais sairon a pista cunha gran intensidade e unha forte defensa que superaba aos ataques carballeses, conseguindo un 4-0 de parcial no inicio facendo ver ben claro que os de Narón estaban dispostoa a vender cara a sua derrota si se producía.
A partir do meridiano da primeira metade o Procasa Xiria axustou a sua defensa o que propiciou que os visitantes recuperaran balóns que en rápidos contraataques conseguían anotar poñéndose por diante no marcador ao remate do primeiro tempo, 13-14.
A segunda metade foi un monólogo dos de Carballo. Os contragolpes e o rápido movimento de balón no ataque posicional desarbolaban unha e outra vez a defensa naronesa con un balonmán de altos voos. En defensa había situacións erroneas, sobre todo cando os xogadores do Bm Narón ían lanzar en traxectorias ao punto forte. Pero de calquera forma non impediron que a lóxica e a maior calidade dos foraneos se impuxera ao término dos cincuenta minutos con un incontestable 21-35.
O 8-21 de parcial na reanudación non deixa lugar a dúbidas de que este equipo de primeiro ano segue madurando de forma vertixinosa e de que ten todos os ingredientes necesarios para alcanzar no futuro cotas máis altas. Como nota importante destacar que, por primeira vez no ano, Fernando Vázquez puido contar tanto en entrenos como no partido con todos os seus efectivos despois das obrigadas ausencias por lesións.