Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

CALVO XIRIA 34 – CD DELASALLE-GRUPO PINTA 28

1ª XORNADA 02/05/2008 CALVO XIRIA 34 – CD DELASALLE-GRUPO PINTA 28 Calvo Xiria (22+12) 34: Quique, Cuco (5), Bruno (2), Fernando (5), Sebastián (1), Pablo (4) e Roberto (2) -equipo…

1ª XORNADA

02/05/2008 CALVO XIRIA 34 – CD DELASALLE-GRUPO PINTA 28
Calvo Xiria (22+12) 34: Quique, Cuco (5), Bruno (2), Fernando (5), Sebastián (1), Pablo (4) e Roberto (2) -equipo inicial- Iago, Álex (1), Cristophe (1), Chimpo (8), Pombo (4), Dubra (1), Jesús e Manuel.

CD Delasalle Grupo Pinta (12+16) 28: Ricardo, David (1), Requejo (4), Javier Perales (3), Diego (6), Canal (5) e Rubén González (3) -equipo inicial- Gonzalo, Moisés (1), Javier Hugo (1), Rubén Herrera, Jorge Perales (1), Sergio (3) e Ignacio.

Árbitros: Emilio López e Manuel Blanco (C.A. Castela-León)

O Calvo Xiria debutou cunha convincente vitoria no primeiro partido da fase de promoción de ascenso a Primeira Nacional disputado en Oviedo. O conxunto de Marcos Rodríguez recuperou as boas sensacións da meirande parte da segunda volta da liga e pasou por riba do campión cántabro, que só ao final puido maquillar un pouco o marcador.

A igualdade presidiu os primeiros minutos do choque entre Calvo Xiria e Delasalle Grupo Pinta, circunstancia obvia ao tratarse do debut da competición. Ambos conxuntos, na toma de contacto inicial, alternaban con pequenas rendas no marcador, que se traducían nunha igualdade máxima aos dez minutos de partido (5-5) Foi aí cando o equipo de Marcos Rodríguez comezou a decantar o choque ao seu favor. Grazas a un inspiradísimo Quique na portería e á velocidade nas accións de ataque, o Calvo Xiria endosáballe un parcial de 7-1 en apenas oito minutos ao seu rival, outorgando aos carballeses a confianza e seguridade necesaria para afrontar con garantías de éxito o resto do partido. Co Delasalle Grupo Pinta tocado, o Calvo Xiria seguiu apretando o acelerador para chegar ao descanso cunha renda de dez goles (22-12) que facía vibrar á moita afición carballesa desprazada a terras asturianas.

O Calvo Xiria non tivo problemas para aguantar o marcador na reanudación e moveuse sempre con vantaxes que rondaron os sete e nove goles. A lóxica relaxación verdibranca, unida á maior agresividade dos cántabros en defensa, provocou que o Delasalle se achegara no marcador a cinco goles (29-24) a falta de dez minutos para o final. Afortunadamente, só foi un espellismo. Os de Marcos Rodríguez cargaron as pilas de novo e, cun parcial de 3-0 nos seguintes cinco minutos, terminaban por sentenzar un partido no que o Calvo Xiria volvía dar un exemplo de madurez e bo facer na cancha. Ao final, seis goles de diferenza e unha vitoria que dá moita moral para afrontar os dous seguintes choques. A aportación de Quique na portería, con 26 paradas, resultou decisiva para un Calvo Xiria no que tamén destacaron Pombo e Chimpo.