Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

BM NARÓN 24 – OAK ENGLISH CENTRE XIRIA 39

Bm Narón (9+15) 24: Miguel, Ignacio (2), Iago (3), Víctor (6), Fernando (3), Brais, Alberto López, Sergio, Rubén (6), Pedro, Francisco (4), Alberto Díaz. Adestrador: Alberto Lago. Oak English Xiria…

Bm Narón (9+15) 24: Miguel, Ignacio (2), Iago (3), Víctor (6), Fernando (3), Brais, Alberto López, Sergio, Rubén (6), Pedro, Francisco (4), Alberto Díaz. Adestrador: Alberto Lago.
Oak English Xiria (18+21) 39: Naya, Barreiro (7), Iago (7), Zas (10), Brais (1), Martín, Miguel (5), Bisbi, David (5), Antón (2), Jorge (2), Alberto, Iván. Adestrador: Juan M. Rodríguez.
Colexiados: Ivan Meijide e Heitor Piñeiro. Moi discutidos.

A xornada quinta do campionato territorial de cadete masculino do grupo norte levou o Oak English Xiria á cancha do Bm Narón.

O Bm Narón puxo en serios apuros aos de Carballo cunha defensa moi agresiva e cun ataque en 4:2 con continuos desdobramentos do lateral dereito. Sen embargo o equipo visitante, soprendido nos primeiros 15 minutos, ordenou as marcas en defensa e empezou a crearlle problemas ao Narón que ata ese momento ía con tres goles de vantaxe no marcador. A isto o equipo carballés engadiulle unha melloría na eficacia nos lanzamentos (bastante negativa ata ese momento) e conseguiu chegar ao descanso cunha cómoda vantaxe de 9 goles, 9-18.

Na segunda metade o Narón saíu en busca da reacción e da remontada. Un parcial de 4-2 nos primeiros 5 minutos fixo pensar que podía ser posible pero o equipo de Juan Rodríguez púxo, outra vez, o mono de traballo e foi minando, pouco a pouco a esperanza na remontada ao desbaratar unha tras outra as acometidas dos naroneses e ir aproveitando algunhas das súas, algunhas porque o equipo estivo bastante fallón como indica que se mandara o pau un lanzamento dende 6m sen porteiro e sen defensores.

Ao final o equipo conseguiu a súa quinta vitoria consecutiva noutras tantas xornadas. A vindeira fin de semana o Ifecgás Pereira debía enfrontarse ao Balonmán Oleiros, outro dos favoritos da competición e que se mantén invicto ao igual que o Xiria e OAR, pero finalmente o encontro foi aprazado.