Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

PROCASA XIRIA 21 – TIRSO DE MOLINA 22

Procasa Xiria: Martín Gómez, Edu (1), Álex (6), Martín Alfeirán (1), Luís (1), Calvete, Ruben Anes (2) -equipo inicial- Javi (3), Nogales, Jorge (7), Miguel. Tirso de Molina: Rafa, Jaime…

Procasa Xiria: Martín Gómez, Edu (1), Álex (6), Martín Alfeirán (1), Luís (1), Calvete, Ruben Anes (2) -equipo inicial- Javi (3), Nogales, Jorge (7), Miguel.

Tirso de Molina: Rafa, Jaime (3), Carlos (9), Pablo, José, Enrique, Fernando -equipo inicial- David (4), Adrián (2), Diego, Álex (4)

Colexiado: O colexiado Santiago Iglesias non influiu no resultado final.

O Procasa Xiria disputou o derradeiro partido de liga onde caeu derrotado pola mínima na fornte ao Tirso de Molina nun encontro pertencente a derradeira xornada da Liga Provincial que fora aprazado hai unha semana e no que estaba en xogo a terceira posición na clasificación final.

O Tirso, traía a lección ben aprendida do partido de ida e plantexou,dada a sua maior antropometria, unha defensa moi pechada, difícil de batir polo Procasa nestes intres dada a sua menor envergadura e dificultades no lanzamento exterior.En defensa os de Carballo amosábanse cunha excesiva ansiedade que lles levaba a cometer erros que remataban en accións sinxelas para os visitantes. Aínda así o marcador permanecía igualado ata a metade desta primeira parte, na que os ferroláns poñían terra de por medio grazas á dificultade que encontraban os carballeses no ataque e aos seus rápidos contragolpes. O primeiro tempo remataba cun 8-14 a prol dos foráneos, e na grada agardábase a reacción dos locais no segundo acto.

E así foi. O Procasa deixou a ansiedade na caseta no descanso e mostrouse como o equipo ao que nos ten acostumados.Fíxose dono do partido, en tarefas defensivas estiveron intensos e contundentes, xogando con intelixencia, disuadindo e interceptando balóns e forzando faltas en ataque que propiciaban rápidos contragolpes. O ataque posicional era moito máis fluído e aínda que a defensa dos de Ferrol seguía a ser cerrada, os rápidos movementos de balón facían posibles as penetracións ata os seis metros.

Deste xeito o Procasa foi comendo terreo ao seu rival e dispuxo de un balón para empatar o partido a falta de corenta e cinco segundos para o remate pero finalmente a remontada non foi posible e os locais caían derrotados pola mínima (21-22)

Boa segunda parte dos carballeses na que derrotaron ao Tirso por un parcial de (13-8) e na que demostraron de novo a súa calidade, o bo facer en equipo e o explendido futuro que nos augura este grupo. Con este resultado os de Fernando Vázquez rematan na cuarta posición da liga, posición moi meritoria posto que se trata de un equipo composto só por rapaces de primeiro ano na idade infantil.