Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

BM NARÓN 34 – PUNTA DEL ESTE XIRIA 10

Bm Narón: Raquel, Silvia (6), Sofía (6), Iris, Alicia (13), Carla (3), Marta (6) -equipo inicial- María Fatima, Berta. Punta del Este Xiria: Sara, Tamara (3), Belén, Aida (7), Carolina,…

Bm Narón: Raquel, Silvia (6), Sofía (6), Iris, Alicia (13), Carla (3), Marta (6) -equipo inicial- María Fatima, Berta.
Punta del Este Xiria: Sara, Tamara (3), Belén, Aida (7), Carolina, Patricia, Olalla -equipo inicial- Rosanna, María, Alba, Lorena.
Colexiados: Os colexiados Hector Piñeiro e Enrique Taboada non influiron no resultado final

O Bm Narón derrotou ao do Punta de Este Xiria na cuarta xornada da liga territorial cadete feminina. É xusto recoñecer a superioridade das xogadoras naronesas nestes momentos con respecto ás carballesas. Xa o constataban así hai dúas semanas na pista carballesa e o voltaban a facer diante do seu público. Un resultado que fai supoñer que as xogadoras de Narón faranse co titulo provincial nesta campaña.

Pero lonxe deste tema falaremos do noso equipo, o Punta del Este Xiria, que por momentos amosou unha certa mellora con respecto ao partido anterior. Certamente as xogadoras carballesas teñen calidade, e, sobre todo, potencial para mellorar as suas prestacions nos vindeiros anos.

Xa metidos no partido, dicir que o equipo local foi moi superior ao longo dos sesenta minutos, e o marcador asi o atestiguaba no descanso cun 18-5..

A segunda parte transcorreu polos mesmos derroteiros, aínda que as visitantes non perderon a cara o partido e, a pesar do abultado da diferenza, mantiveron a concentración e conseguiron un parcial menor que na primeira metade (16-5) que deixaba o marcador final nun 34-10.