CAIXANOVA OAR 32 – GARAYSA XIRIA 29

Caixanova OAR 32 (14+18): Adrián, Jaime (8), Álvaro (6), Rodrigo (5), Daniel (2), Paredes (1), Sergio (4) -equipo inicial- Jairo (1), Ángel (2), Picado (3), Mario, Fernández.

Garaysa Xiria 29 (13+16): Martín Gómez, Martín Alfeirán (4), Rubén Gómez (5), Edu, Javi (2), Jorge (3), Álex (4) -equipo inicial- Julián, Calvete, Rubén Anes (5), Luís (1), Iván (2), Miguel (3).

Colexiado: Sr. Andrés R.. Os dous equipos teñen un nivel hoxe en día superior ao do colexiado, que terá que traballar a reo para afrontar partidos como o disputado na Coruña. Os datos dos goleadores extraídos da acta oficial distan moito da realidade.

Derrota do Garaysa Xiria no partido que o enfrontou o sábado ao Caixanova OAR pertencente á 18ª Xornada da Liga de División de Honra Infantil Masculina. Este resultado separa un pouco máis aos carballeses das dúas primeiras prazas da competición.

En ningún momento o Garaysa Xiria estivo cómodo no encontro, cunha debilidade defensiva que impedía un xogo rápido de contraataque e no que practicamente a totalidade de ataques coruñeses finalizaba en lanzamentos cómodos ante os que pouco podía facer Martín Gómez na portería carballesa. Con este panorama o OAR acadou diferencias de ata cinco goles. Tan só nos derradeiros cinco minutos do primeiro tempo pareceu que o partido podía adquirir outro matiz, cunha defensa máis presionante que axudou a achegar ao Garaysa no marcador ata o 14–13 co que se chegou ao tempo de lecer.

O segundo tempo foi de claro dominio coruñés, a súa maior fortaleza física unida a unha defensa pouco anticipativa facía imposible calquera achegamento por parte dos carballeses, que tampouco estaban finos no ataque no que non había aportación do equipo e só se salvaban da queima os extremos -na finalización pois no xogo colectivo non participaban- e Martín na primeira liña.

Unha mágoa este resultado que pon máis costa arriba chegar aos postos que dan acceso ao campionato de España. Só con traballo de equipo e unha maior concentración se poderá chegar a eles.