BM OLEIROS 8 – IFECGÁS PEREIRA XIRIA 44

Balonmán Oleiros (1+7) 8: Pablo (3), Alvaro N. (1), Xulian (1), Álex (1), Alvaro A. (1), Manuel G. (1), Jacobo, Iago, Daniel, Miguel, Manuel B., Alvaro R., Carlos. Adestrador: Javier Muñiz.
Ifecgás Pereira Xiria (23+21) 44: Chou, Damián (5), Ricardo, David (9), Heitor (8), Iván, Joaquín (3), Miguel (8), Bisbi, Luis (8), Jorge (3). Adestrador: Juan M. Rodríguez.
Colexiados: Vicente Pérez. Sen problemas.

Bo xogo amosou o Ifecgás Pereira Xiria que continua a contar os seus partidos como trunfos. A xornada decimo terceira do campionato provincial de infantil masculino do grupo norte levou o bo facer do Ifecgás Pereira Xiria á cancha do Bm Oleiros. Os rapaces de Juan M. Rodríguez practicaron unha ferrea defensa, que fixo que os locais tan só anotasen un gol, de penalti, en corenta minutos de partido, un contrataque vertixinoso e rápido en primeira e segunda oleada e un e xogo fluido ata atopar os espazos na defensa polos que coarse.

A pena foron os últimos 10 minutos de partido nos que a concentración en defensa baixou e os de Carballo encaixaron 7 goles.

A vindeira xornada espera un duelo no mais alto entre o Oar e o Xiria na loita pola primeira praza. Se o Ifecgás Pereira Xiria xoga como hoxe os coruñeses terán moi difícil gañar en Carballo.