GARAYSA XIRIA 33 – BM OLEIROS 24
Garaysa Xiria (19+14) 33: Naya, Óscar (2), Diego, Puente, Iván (9), Andrés (2), Ramón (12) -equipo inicial- Néstor, David (3), Barreiro, Alberto e Zas (5). Bm Oleiros (15+9) 24: Adrián,…
Garaysa Xiria (19+14) 33: Naya, Óscar (2), Diego, Puente, Iván (9), Andrés (2), Ramón (12) -equipo inicial- Néstor, David (3), Barreiro, Alberto e Zas (5).
Bm Oleiros (15+9) 24: Adrián, Luis, José (1), Héctor (3), Sergio (11), David (9), Jorge.
Árbitros: Srs. Pérez e López, pasaron desapercibidos nun partido sen complicacións.
O Garaysa Xiria acadou dous puntos ante o Bm. Oleiros que o deixan definitivamente na segunda praza da Liga Territorial Xuvenil Masculina tras a vitoria do Bm Camariñas. O resultado final 33 – 24, no tempo de lecer 19 – 15. Deste xeito, a falta de unha xornada para rematar a competición os camariñáns consiguen o campionaqto e os carballeses o subcampionato e ambos conxuntos logran a clasificación para a Fase Final do Campionato Galego.
A obriga de acadar a vitoria ante o Bm Oleiros para se asegurar matematicamente o posto no Campionato Galego foi o único aliciente dun encontro mediatizado pola presenza de sete xogadores por parte dos visitantes e pola imposibilidade de loitar pola primeira praza na derradeira xornada que se disputa a vindeira fin de semana. Evidentemente non foron os mellores condicionantes psicolóxicos para encarar un encontro coa máxima concentración tal que é como fixo o Garaysa hai unha semana fronte ao Camariñas.
Partido controlado dende o inicio por parte do Xiria que se amosou superior aínda que contemplativo co Oleiros ao longo dos sesenta minutos. Dez minutos de defensa eficaz unidos a un contraataque fluído e ás aportacións individuais de todos os xogadores no ataque estático deixaron os puntos no lado carballés.
A vindeira fin de semana o Garaysa desprázase a Ferrol, onde se medirá ao Tirso de Molina, para disputar o partido correspondente á derradeira xornada da liga territorial nun partido carente de importancia competitiva.