BM OLEIROS B 18 – IFECGÁS PEREIRA XIRIA 39

Bm Oleiros B (8+10) 18: José I, Santiago, David, Antonio (3), Jesús López (1), Iván (6), José M. (4), Jesús Peón, Diego, Alexandre (1), Fernando, Daniel (2), Abel (1). Adestrador: Francisco Javier Merino.

Ifecgás Pereira Xiria (20+19) 39: Guillín, Ángel (5), Ramón (2), Sergio (5), Barreiro (2), Rubén (1), Hugo (4), Eloi (1), Alfredo (1), Zas (8), Adrián, Aitor (5), Diego (5). Adestrador: Juan M. Rodríguez.
Colexiado: Pablo Goitia e Angélica Comesaña. Non influíron no resultado. Ben
A pesar de rematar mal a primeira volta con derrota e coa perda da cuarta posición que da acceso a loitar pola fase de ascenso a 1ª Autonómica, o Ifecgas Pereira repúxose e venceu, comodamente, a domicilio ao Balonmán Oleiros por 18-39.
O partido comezou ben para os carballeses que cun parcial de 2-9 no primeiro treito do encontro, mostrou cales ían ser os derroteiros do choque. Un partido que no segundo treito tivo, por uns instantes, como protagonista ao Oleiros, debido as imprecisións do Ifecgás. Isto levou ao Oleiros a rebaixar as diferenzas no marcador. Pero cando a concentración volveu a apoderarse do equipo dirixido por Juan M. Rodríguez o marcador volvéuse a distanciar ata a chegar ao 8-20 co que rematou a primeira metade.
A segunda parte só tivo un par de anécdotas: a concentración amosada por todos os xogadores para seguir atacando e defendendo, a pesar de que o partido xa estba claramente bdecantado cara o bando carballés, e o debut do porteiro Adrián. Porteiro que comezou a adestrar hai uns meses nesa demarcación, antigamente actuaba na primeira liña, e que tivo unha boa actuación baixo os paus.
O vindeiro rival, o Muralla, non será tan fácil para o Ifecgas e necesitará de moito traballo e concentración. Os carballeses deben facer valer o factor cancha para que os dous puntos en xogo se queden en Carballo.