BM Pabellón 17 – Goldie Xiria 17

Crónica do BM Pabellón 17 – Goldie Xiria 17
Manuel Rey / 10 Febreiro 2014
PABELLON ORENSE 17 – GOLDIE XIRIA 17 (8-11)

PABELLON ORENSE 17 (8) Bouso (p), Vieira 3, Pérez 4, Sow 4, Alvarez 1, Fernandez 1 e Vázquez 4 (equipo inicial) Domínguez, Camba, Bua, e Nieto.
GOLDIE XIRIA 17 (11): Lucía(p), María, Juana 9, Adriana, Cris 5, Jessica 1, Raquel 1 (equipo inicial) Tamara , Zeltia 1, Isa, Sandra e Manón.

Arbitraron: Aarón Sestay e Pedro Erias, excluiron a Pérez, Sow, Fernandez e Vázquez polo Pabellón e a María, Cris, Zeltia, Jessica e Juana polo Xiria.

18ª Xornada da Primeira Autonómica Feminina
sábado, 8 febreiro 2013 , Pavillón dos Remedios de Ourense, 100 persoas.

Táboas no marcador entre o Goldie Xiria e o Pabellón Ourense, ao igual que sucedera no partido da primeira volta que os enfrentou. As xogadoras do Xiria, que se presentaba en Ourense coas baixas destacadas de Marta e da sua porteira Sara, sustituida neste partido pola xogadora de campo Lucía, sairon máis metidas no encontro con Cris moi activa e acertada dende o lanzamento exterior, o que propiciaba as primeiras ventaxas de 3 goles, diferencia coa que se chegou ao descanso.

Na segunda metade o Pabellón tornou a unha defensa máis aberta, onde Juana se sentía máis cómoda, chegando o Xiria a sua máxima renta a 8 minutos do final 13 a 17. Duas exclusións moi protestadas na parte final do encontro obrigaba ao Xiria a xogar en inferioridade, acusando sobretodo en defensa onde non poido co bo facer da pivote Sow que decantou o marcador ata ese empate a 17.

A vindeira semana o Goldie Xiria recibe a visita do Bueu a partir das 8 da tarde, no Pavillón Vila de Noia.