Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

BM PABELLON 21 – GARAYSA XIRIA 33

Bm Pabellón 21 (14+7): Rubén, Carlos, Iván, Edgar (1), Marcos (12), Jean Pierre (5), Benigno (3) -equipo inicial- Eduardo, Diego, Pablo, Roberto. Garaysa Xiria 33 (18+15): Miguel, Edu (2), Calvete…

Bm Pabellón 21 (14+7): Rubén, Carlos, Iván, Edgar (1), Marcos (12), Jean Pierre (5), Benigno (3) -equipo inicial- Eduardo, Diego, Pablo, Roberto.

Garaysa Xiria 33 (18+15): Miguel, Edu (2), Calvete (6), Rubén Gómez (10), Javi (2), Julián, Luís -equipo inicial- Martin Gómez, Martín Alfeirán (9), Álex (3), Rubén Anes (1), Iván Nogales. No xogou Jorge lesionado.

Colexiados: Srs. Muñoz e Posada, arbitraxe mala para os dous equipos, non influindo no resultado.

O Garaysa Xiria acadou unha nova vitoria na 9ª xornada da División de Honra Infantil ao imporse ao cadro ourensán do Bm pabellón por 21-33 co que os de Carballo colocanse terceiros seguindo a estela de Lalín e Teucro.

Partido teoricamente sinxelo para para o Garaysa Xiria que se enfrontaba a un dos equipos da zona baixa da clasificación. O equipo carballés saiu algo relaxado en tarefas defensivas o que propiciou que as vantaxes durante toda a primeira metade non superasen os 2-3 goles de renda a prol do Xiria. No intermedio o marcador reflictía un 14-18 favorable ao Garaysa.

O inicio da segunda metade foi semellenta ao acontecido na primeira pero nos 20 últimos minutos de partido o equipo carballés volveu a sacar o seu mellor xogo e volveu defender con intensidade, o que fixo que se fosen no marcador ata conseguir unha renda máxima de 14 goles que finalmente quedarían en 12 ao remate do partido. Todo isto deixaba claro a diferenza entre un e outro equipo. Os de Ourense van loitar por non descender e os de Carballo tentarán estar na pelexa polos primeiros postos.

Na vindeira xornada que se diputa dentro de dúas fins de semana, posto que na próxima teñen compromisos as distintas seleccións galegas de base, Garaysa Xiria recibe a visita do Bm Cangas.