Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Convocatorias de seleccións

CONVOCATORIAS SELECCIÓNS GALEGAS DE BASE

CONVOCATORIAS SELECCIÓNS GALEGAS DE BASE Catro xogadores do Xiria nas seleccións galegas. XUVENIL MASCULINA O xogador do Ifecgás Pereira Xiria Iván Amarelle Gesto foi convocado para participar, coa Selección Galega…

CONVOCATORIAS SELECCIÓNS GALEGAS DE BASE
Catro xogadores do Xiria nas seleccións galegas.

XUVENIL MASCULINA
O xogador do Ifecgás Pereira Xiria Iván Amarelle Gesto foi convocado para participar, coa Selección Galega Xuvenil Masculina, no “1º Torneo de Selecciónes Autonómicas Juveniles Ciudad de Onda” que se disputará entre os días 6 e 8 de decembro na localidade castellonense de Onda e no que tomarán parte os combinados de Galicia, Castela-León e Comunidade Valenciana.

CADETE MASCULINA
O xogador do Vipecón Xiria David García Pichel foi convocado para participar, coa Selección Galega Cadete Masculina, no “1º Torneo Internacional Cadete Ciudad de León” que se disputará entre os días 6 e 8 de decembro en León e no que tomarán parte a Selección Galega, Selección de Castela-León, Oporto e ADC Braga.

INFANTIL MASCULINA
Os xogadores do Garysa Xiria Rubén Gómez Lamas e Martín Alfeirán Villar foron convocados para participar, coa Selección Galega Infantil Masculina, no “VIII Torneo de Selecciones Territoriales Comunidad de Madrid” que se disputará entre os días 6 e 8 de decembro nas localidades de Madrid e Pinto e no que tomarán parte os combinados de Galicia, Cataluña, Madrid e Castela-León.

Máis sobre isto