Goldie Xiria 23 – BM Ferrolterra 19

Crónica do Goldie Xiria 23 – BM Ferrolterra 19
Manuel Rey / 24 Febreiro 2014
GOLDIE XIRIA 23 – BM FERROLTERRA 19 (10-11)

GOLDIE XIRIA 23 (10): Sara e Brenda (p), María , Lucía , Juana 5, Adriana, Cris 4, Jessica 3 (equipo inicial) Raquel 5, Marta 6, Tamara , Zeltia, Sandra e Manón.

BM FERROLTERRA 19 (11): Jennifer e Carla (p), Mercedes 5, Nerea 3, Claudia, Lara 4, Noelia 7 e Barros (equipo inicial) Romero, Norma, Marta, Icia e Jessica

Arbitraron: Julio Durán e Manuel Docampo, excluiron a Juana, Marta e Zeltia polo Xiria e a Noelia e Claudia polas visitantes.

Marcador cada 5 minutos: /2-3/ /3-5/ /5-6/ /6-8/ /8-9/ /10-11/ /13-12/ /16-14/ /18-14/ /19-15/ /21-17/ /23-19/

20ª Xornada da Primeira Autonómica Feminina
sábado, 22 Febreiro 2013 , Pavillón Vila de Noia, 150 persoas

Non se deixou sorprender o Goldie Xiria, e acadou unha nova vitoria diante do Balonmán Ferrolterra.

Non empezaron ben as cousas para as carballesas que foron a remolque toda a primeira metade, acusadas pola precipitación nas xogadas de ataque onde querían resolver pronto o encontro, perdoando diante da portería rival, o que se trasmitia con dudas na defensa. De todos xeitos as diferencias sempre oscilaron entre u e dous goles e o Xiria sempre estivo no partido.

Tornou a defensa o Goldie na segunda metade, trocando de ese 5:1 presionante a un 6:0 que arropaba máis a sua portería e ia asentando o que a larga sería un novo triunfo para estas xogadoras que craramente cada día van a máis. Boa segunda metade no ataque do xiria onde destacaron, a reaparecida logo da sua lesión, Marta e a xuvenil Raquel que non perdonaron diante da portería rival.

A vindeira semana toca viaxar, será a Tui, e o Goldie viaxará, como non, coa intención de seguir a sua racha de vitorias nesta Primeira Autonómica.