GARAYSA XIRIA 38 – BALONMÁN PABELLÓN OURENSE 26
Garaysa Xiria: 38 (20+18): Jorge, Buño, Daniel García (3), Gabriel (2), Iván Campos (11), Raúl, Diego (3), Lolo (5), Alejandro, Iván Calvo (2), Enrique (12). Balonmán Pabellón Ourense: 26 (12+14):…
Garaysa Xiria: 38 (20+18): Jorge, Buño, Daniel García (3), Gabriel (2), Iván Campos (11), Raúl, Diego (3), Lolo (5), Alejandro, Iván Calvo (2), Enrique (12).
Balonmán Pabellón Ourense: 26 (12+14): Brais, Carlos, Luis (4), Alejandro G., Diego (3), Pedro (1), Alejandro R., Guillermo (5), Miguel (1), Gabriel (10), Alonso (2).
Colexiado: José Pérez.
O Garaysa Xiria xogaba o seu segundo partido consecutivo desta fin de semana logo da victoria do sábado ante o Bm. Lalín. Desta vez recibía ao Pabellón de Ourense, ao que xa derrotara 18-26 en terras ourensáns nos inicios da primeira volta.
Dende o asubío inicial non tardou moito o Garaysa en tomar vantaxe no marcador, grazas a unha boa defensa e rápidos contraataques. O Bm. Pabellón, capitaneado polo seu central, non deixaba escapar ao Xiria que xa non amosaba o nivel defensivo do inicio. Aínda así logrou acadar ao final da primeira parte unha renda de 8 goles que non deixaban o partido feito, pero si todo a favor para facerse cos dous puntos.
Na segunda metade máis do mesmo, un Ourense que o tentaba de tódos os xeitos posibles e un Garaysa que, sen dar o nivel do partido contra Lalín, facía o necesario para levar o choque a favor dos seus intereses. O encontro serviu tamén para dar descanso aos xogadores que acumulaban máis minutos e darlle entrada aos de primeiro ano, que renderon a un gran nivel e amosaron unha entrega espectacular. A eles, e a todos en xeral, noraboa pola boa fin de semana feita, que a nivel deportivo arroxa un balance de 4 puntos e unha sensación grande de mellora e de que a nave do Garaysa navega por bo camiño.
A vindeira xornada toca descansar e acumular folgos para o seguinte partido que non será ata o día 12, cando recibiremos ao OAR nun partido de gran transcendencia para os nosos intereses.