BM. PABELLÓN OURENSE 27 – IFECGAS PEREIRA XIRIA 23

Bm Pabellón Ourense 27 (14+13): Fernando, Rivas (9), Ángel (5), Nieto (4), Pablo (4), Anxo (2), Iván (1) -equipo inicial- Víctor (1), Adán (1), Diego, Manuel, Ángel, Sotelo, Sebastián.

Ifecgás Pereira Xiria 23 (10+13): Naya, Iago (4), Brais (9), Antón (1), Miguel (4), Jorge Viñas, David Mallo -equipo inicial- Bisbi, David García (5), Adrián, Cristian, Martín.

Colexiados: Alfonso Canitrot e Rubén Castro.

O Ifecgás Pereira Xiria desprazouse ata Ourense para enfrontarse ao Bm Pabellón en partido da 3ª xornada de liga na División de Honra Xuvenil. O equipo carballes, que viaxou moi mermado, con varios dos seus efectivos lesionados e con gripe, ademais de Álex Zas que non se desprazou por estar convocado co equipo de 1ª Estatal, caeu derrotado por 27 – 23.

Pero ningún destes factores xustifica o desestroso partido que fixeron os de Carballo, fronte a un rival moi limitado e chamado a loitar por non descender de categoría. O encontro foi sempre de cara para os locais, a pesar da súa inferior calidade, grazas, sobre todo, á súa maior entrega, actitude e a labor do deu porteiro, o seu mellor xogador con moita diferenza. O Ifecgás Pereira iniciou o encontro despistado e frío mentres que o equipo ourensán amosouse moi superior no seu carácter competitivo. Os bergantiñáns xogaban andando e o balón circulaba moi lentamente, moi lonxe do excelente balomán que lles levara a acadar o ano pasado o cuarto posto na liga de División de Honra na categoría cadete. O Bm Pabellón xogou moi ben as súas cartas, mostrándose os seus xogadores atentos, concentrados, contundentes na defensa 6:0, apioados polo seu porteiro, e no ataque posicional só se limitaban a aproveitar as facilidades e a indolencia defensiva dos visitantes. Xa no descanso o marcador era favorable aos locais por 14-10.

Na segunda metade as cousas continuaron igual, os de Ourense mantiñan a igualdade parcial no electrónico nesta reanudación e polo tanto as distancias movianse neses guarismos de tres ou catro goles a prol dos locais. Nin o cambio de defensa a 6:0 nin a defensa individual precticada polo Xiria nos últimos momentos deron os seus froitos e o que xa empezara mal, remataba peor, con unha dolorosa derrota por 27-23 ante un equipo inferior en calidade, pero que foi superior en todo aos de Carballo.

Na videira xornada o Ifecgás Pereira Xiria recibe, domingo 25 ás 12.00 h, no Pavillón da Zona Escolar de Carballo, a un dos favoritos ao título, o Seis do Nadal vigués.