Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

GARAYSA XIRIA 44 – TIRSO DE MOLINA 27

Garaysa Xiria (19+25) 44: Miguel, Óscar, Diego (7), Puente (5), Iván (4), Alberto (8), Ramón (9) -equipo inicial- Naya, Néstor (4), David (3), Barreiro (1) e Andrés (3). Tirso de…

Garaysa Xiria (19+25) 44: Miguel, Óscar, Diego (7), Puente (5), Iván (4), Alberto (8), Ramón (9) -equipo inicial- Naya, Néstor (4), David (3), Barreiro (1) e Andrés (3).

Tirso de Molina (13+14) 27: Pablo, Juan, Diego (7), Manuel (11), Adrián (3), Alejandro (6), Ángel.

Árbitros: Sr. García Cortizo. Sen influencia no marcador, permitindo unha maior dureza defensiva aos visitantes.

Sumou dous novos puntos o Garaysa Xiria na liga territorial xuvenil masculina ante o Tirso de Molina por un contundente 44 – 27. No descanso mandaban xa os carballeses por 19 – 13. Con esta vitoria remata a primeira volta desta competición cos carballeses no segundo lugar, tras a derrota de hai quince días fronte á EM Camariñas.

De novo presentouse o conxunto visitante con tan só seis xogadores, situación que se repite semana tras semana nos encontros que disputa como local o Garaysa Xiria e que fala ben ás claras da necesidade urxente dunha liga galega xuvenil masculina, que moi posiblemente bote a andar para a tempada 08/09. Mentres queda sufrir esta falta de “deportividade” por parte dos conxuntos que na súa casa presentan un conxunto completo e que non se presentan do mesmo xeito no pavillón carballés.

Tampouco cambiou o modo de actuar do Xiria, que vese superado polo desánimo provocado por este tipo de situacións e que desemboca en partidos sen a suficiente intensidade, desta volta axudado pola labor do colexiado, que ante a inferioridade inicial dos departamentais castigou dun xeito máis severo ao conxunto local ata chegar a oito exclusións por catro dos xogadores do Tirso que se empregaron con dureza en accións puntuais que non foron castigadas dun xeito xusto. Mais debería de infrinxir goleadas máis amplas aos rivais que pasan deste xeito pola súa casa para medrar no terreo competitivo.

A vindeira xornada, inicio da segunda volta, tócalle turno de descansar ao Garaysa Xiria.