Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

BM PONTEDEUME.ES 14 – OAK ENGLISH CENTRE XIRIA 45

Balonmán Pontedeume.es (5+9) 14: Iago, Álvaro (4), Javier (2), Ángel (3), Julián (2), Manuel, Igor, Cabezal, Kevin (3), Hugo, Carlos. Oak English Xiria (20+25) 45: Naya, Barreiro (3), Iago (8),…

Balonmán Pontedeume.es (5+9) 14: Iago, Álvaro (4), Javier (2), Ángel (3), Julián (2), Manuel, Igor, Cabezal, Kevin (3), Hugo, Carlos.

Oak English Xiria (20+25) 45: Naya, Barreiro (3), Iago (8), Zas, Brais (2), Martin, Miguel (13), Bisbi, David (9), Anton (7), Jorge (3), Alberto, Ivan.

Colexiado: Alberto Picallo e José Carlos. Sen complicacións.

Sen comentarios! Ese pode ser o resumo do partido que enfrontou, na novena xornada do campionato territorial cadete masculino, a Balonmán Pontedeume.es e o Oak English na cancha eumesa, pois a pesar do avultado do resultado (vitoria por 31 goles de diferenza para o Xiria) foi un mal partido tanto en defensa como en ataque. Unha defensa que concedeu moitas vantaxes defensivas e un ataque pouco fluido e impreciso. Concesións que non se poden dar o rival teña a entidade que teña ese rival. Sempre hai que tentar dar o máximo en cada partido.

A vindeira semana espera un duro partido frente o rival de toda a vida do Xiria. A EM Camariñas visita Carballo ameazando con resarcirse da derrota sufrida no seu campo por 4 goles na primeira volta do campionato.