IFECGAS PEREIRA XIRIA 35 – GRUPO MAR CULLEREDO 24

Ifecgas Pereira Xiria (16+19) 35: Guillin, Angel (6), Sergio (6), Barreiro (2), Ruben, Fernando (7), Manuel (12), Hugo (2), Eloy, Alfredo (3), Javi Zas (1), Adrian, Diego (1).
Grupo Mar Culleredo (12+12) 24: Antonio, Diego (5), Jaime, Ivan Pan, Paco (8), Nicolas, Dario (4), Ivan, Anxo (2), Cesar, Nicolas Mallo (5), Pablo.
Colexiado: Jose Mª García Cortizo. Sen complicacions.

O Ifecgás Pereira Xiria non desaproveitou a oportunidade de poñerse terceiro na clasificación ao obter a vitoria e tras a derrota do Bm Narón fronte a un Viveiro que sigue empatado a puntos co equipo carballés.

Ao Ifecgás Pereira Xiria costoulle entrar no partido e amosar o xogo que divirte tanto ao público. Unha defensa 6:0 que non concede moitos goles e un fluido ataque no que todos os xogadores son participes de cada gol que se marca. Isto fixo que nos primeiros 20 minutos o partido estivera moi igualado con continuas varianzas no marcador. Pero unha vez asentados os xogadores de Juan M. Rodríguez no campo foron capaces de dobregar a un aguerrido Grupo Mar Culleredo para irse ao descanso con catro goles de vantaxe.

Na segunda metade, o Ifecgás Pereira, máis relaxado asentou máis a súa defensa e atacou mellor as diferentes defensas que propuxo o equipo rival para intentar remontar o partido. Remontada que non só non chegou senón que a vantaxe do equipo local foise incrementando ata os 11 goles finais. Outra vez as estadísticas cúmprense. O Ifecgas sempre marca moitos goles e se encaixa menos de 25 o partido está gañado.

Con esta meta visita o cadro carballés na próxima xornada o inexpugnable campo do líder, o Bm Lugo, na xornada dezaseis do campionato da 2ª división autonómica. Meta que hai que conseguir para seguir manténdose dentro deses tres postos que dan pe a xogar a fase de ascenso a 1ª división autonómica.