BM PONTEDEUME.ES 35 – IFECGAS PEREIRA XIRIA 26
Balonmán Pontedeume.es (18+17) 35: Héctor, Pablo (2), Manuel Riveira (2), (3), Manuel Amado (1), Enrique (5), Alejandro (4), Sergio, Santiago, José (6), César (1), Oscar (2), Alberto (6), Roberto (3).…
Balonmán Pontedeume.es (18+17) 35: Héctor, Pablo (2), Manuel Riveira (2), (3), Manuel Amado (1), Enrique (5), Alejandro (4), Sergio, Santiago, José (6), César (1), Oscar (2), Alberto (6), Roberto (3).
Ifecgás Pereira Xiria (11+15) 26: Miguel, Sergio (10), José Ramón (1), Ruben, Fernando (1), Raúl, Hugo (2), Eloy (2), Alfredo, Javier (3), Aitor (6), Diego (1).
Árbitros: Julio López y Manuel Docampo. Sen complicacións.
Terceira derrota consecutiva do Ifecgás Pereira Xiria na sexta xornada da Segunda División Autonómica.
Partido moi igualado, intenso e con alternativas no marcador foi o que se puido ver durante gran parte do choque disputado no pavillón eumés. A partir de aquí, e cando o marcador reflectía un 11-10, para os locais, estes grazas ao seu poderoso físico e as moitas imprecisións dos de Carballo puxeron terra de por medio cun parcial de 7-1 nos últimosda minutos da primeira metade .
A segunda parte do partido non tivo ningunha historia, xa que o balonmán Pontedeume dedicouse a controlar o partido e a xogar coa vantaxe conseguida durante a primeira parte e parando perfectamente as tímidas acometidas do cadro carballés.
O final, dura derrota para o Ifecgás que intentará invertir esta xeira de malos resultados, na casa, o próximo fin de semana ante o Grupo Deportivo Riveira.