GARAYSA XIRIA 46 – BM. OLEIROS 21
Garaysa Xiria (18+15) 33: Néstor, Andrés (2), Diego (3), Iván (7), Ramón (11), Óscar (8), Diego Puente (4) -equipo inicial – Miguel, Borja (5), Rodrigo (1), David, Alberto (5). Bm.…
Garaysa Xiria (18+15) 33: Néstor, Andrés (2), Diego (3), Iván (7), Ramón (11), Óscar (8), Diego Puente (4) -equipo inicial – Miguel, Borja (5), Rodrigo (1), David, Alberto (5).
Bm. Oleiros (8+14) 22: Sergio, Luis (2), Pablo (4), Pedro (7) Flavien (6), David (2), Adrián -equipo inicial –
Primeiro partido da segunda volta do “Trofeo Delegación Territorial” no que se enfrontaban o Garaysa Xiria e o Balonmán Oleiros e que rematou coa victoria local por 46 goles a 21. O conxunto visitante presentouse ao encontro con sete xogadores. O Garaysa Xiria tivo que contar con Néstor, xogador de campo, coma porteiro debido á convocatoria de Miguel polo equipo de 2ª Autonómica cumprindo con creces e tendo un alto porcentaxe de acertos.
O partido quedou encamiñando nos primeiros dez minutos cando o conxunto carballés acadou unha diferenza de oito goles. Neses intres dúas exclusións simultáneas do Garaysa permitiu aos visitantes achegarse no marcador, mais foi so momentaneamente, xa que unha vez recuperada a igualdade numérica a distancia no marcador volveu a crecer gracias a unha acertada defensa que se culminaba con rápidos e eficaces contraataques. Nun deles, faltando cinco minutos, produciuse a xogada clave do encontro coa descualificación dun xogador do Oleiros o que supuxo trinta e cinco minutos en inferioridade numérica.
A segunda metade careceu de interese e so serviu para aumentar a goleada a prol dos carballeses.
Os colexiados Srs. Rodríguez e Pérez non tiveron influencia algunha no resultado final.