Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

BM PORRIÑO 15 – GARAYSA XIRIA 51

Bm Porriño 15 (6 + 9): Javier, Agel (1), Borja, Roberto(3), Gonzalo, Ismael (3), Adrian -equipo inicial- Martin (5), Brais (3), Sergio Garaysa Xiria 51 (27+24): Martín Gómez, Rubén Gómez…

Bm Porriño 15 (6 + 9): Javier, Agel (1), Borja, Roberto(3), Gonzalo, Ismael (3), Adrian -equipo inicial- Martin (5), Brais (3), Sergio

Garaysa Xiria 51 (27+24): Martín Gómez, Rubén Gómez (16), Martín Alfeirán (7), Jorge (4), Álex (7), Javi (5) -equipo inicial- Luís (2), Rubén Anes (2), Iván (3), Calvete (4), Miguel. Non se desprazaron por problemas médicos Julián e Edu

Colexiado: Abel Chapero, bo partido pasou desapercibido ao longo do mesmo, nun partido que non tuvo maiores problemas

Nova vitoria do garysa Xiria, desta volta fronte ao Bm Porriño, o que fai que os de Carballo ascendan un peldaño na táboa e se coloquen na terceira praza.

Dende o principio viuse de xeito claro a diferenza existente entre os dous equipos, xa que nos primeiros minutos o Garaysa Xiria xa mandaba cunha diferenza de dez goles, 1-11. O partido seguiu polos mesmos derroteiros e o único aliciente era saber cal sería a diferenza final que acadarían os de Carballo.

Debemos destacar a actuación de todos o equipo pero en especial hai que subliñar as prestacións ofensibas de Ruben Gómez quen, con 16 goles, marcou mais que todo o equipo rival.
Con esta victoria o equipo situase na terceira posición da clasificación, a dous puntos do Teucro que é segundo (os de carballo contan con un encontro menos disputado), que será precisamente o rival dos carballeses na próxima xornada. Un partidazo que se disputará o sábado ás 10.30 h no Pavillón da Zona Escolar e que servirá para clarificar as cousas na zona alta da táboa.