GAEVA 2000 BUEU AT. 29 – CALVO XIRIA 26
XORNADA 9 22/11/2008 GAEVA 2000 BUEU AT. 29 – CALVO XIRIA 26. Gaeva 2000 Bueu At. 29 (14 + 15): Nani, Araújo (2), David (7), Colic (4), Ramón (3), Alexandre…
XORNADA 9
22/11/2008 GAEVA 2000 BUEU AT. 29 – CALVO XIRIA 26.
Gaeva 2000 Bueu At. 29 (14 + 15): Nani, Araújo (2), David (7), Colic (4), Ramón (3), Alexandre (6), Nilo (5) – equipo inicial – Moisés, Ramón, Aitor, Abel (1), Roberto (1), Jorge, Francisco.
Calvo Xiria 26 (9+17): Quique, Cuco (2), Ángel (4), Bruno (1), Pombo, David (7) e Dubra (4) -equipo inicial- Iago, Álex (1), Borja (2), Chimpo (2), Jesús (3) e Manuel.
Colexiados: Srs. Muñoz e Posada, non influíron no resultado do encontro.
Parciais: 2-1, 5-3, 7-5, 9-6, 10-8, 14-9, 17-10, 21-13, 23-17, 24-20, 26-22, 29-26.
Non puido traer nada positivo do encontro da novena xornada da liga de 1ª Estatal Masculina que levou ao Calvo Xiria a Bueu para disputar o terceiro partido fora da casa de xeito consecutivo. O resultado final foi de 29-26, 14-9 no descanso.
Un parcial de 7-2 entre o minuto vintecinco e trinta e cinco favorable ao conxunto pontevedrés, cando xa contaba con dous goles de diferenza, practicamente deixou sentenciado o encontro que se iniciara con pouco acerto ofensivo por parte dos dous conxuntos, con gran protagonismo por parte de Nani e de Quique nas dúas porterías.
De novo a falta de acerto no ataque carballés, dez goles en trinta e cinco minutos, foi clave para o resultado final do encontro. A pouca profundidade das súas accións e a precipitación no lanzamento convertíanse en goles de contraataque en situacións moi doadas para o Bueu que vía como pouco a pouco cobraba vantaxe no marcador sen facer un xogo moi vistoso pero si eficaz.
Non deu por perdido o encontro o Xiria, como ben sendo a tónica durante toda a tempada, pero a mellora no seu xogo, tanto a nivel ofensivo coma defensivo, tardou demasiado xa que o cadro local marchárase por oito goles.
A vindeira xornada o Calvo enfróntase á SAR de Redondela no Pavillón da Zona Escolar, que leva mes e medio sen ver ao seu equipo en Carballo.