BM. PORRIÑO 26 – CALVO XIRIA 31

1ª DIVISIÓN ESTATAL – XORNADA 22

12/03/2011 BM. PORRIÑO 26 – CALVO XIRIA 31
Bm. Porriño 26 (10+16): Yuri [p], Carrera (9), Celso (5), Sebas (4), Martínez (2), Pérez (2), Alves (1) -equipo inicial- Sequeiros [p], Castiñeira, Vicente, Candán (1), Gómez (2), Lemos, Rodríguez.

Calvo Xiria 31 (16+15): Kike [p], Álex García (4), Dubra (6), Jesús (3), Manuel (5), Borja (4), Ramón -equipo inicial- Iago [p], Naya[p], Pablo (6, 1 de 7 metros), Christopher (1), Fernando, Zas (1), Ángel (1).

Colexiados: Félix Villar García e Andrés Leandro Martín González da Federación Territorial de Canarias. Excluíron aos locais Castiñeira (17), Alves (28), Pérez (32), Carrera (38, 52 e descalificado no minuto 59) e Martínez (40), tamén aos xogadores visitantes Alex García (25), Alex Zas (28 e descalificado no minuto 38), Borja (34), Pablo (35), Jesús (41) e Ramón (54).

Marcador: 2 – 5, 3 – 7, 4 – 10, 6 – 10, 8 – 13, 10 – 16 (descanso); 13 – 17, 16 – 19, 18 – 22, 22 – 24, 24 – 27, 26 – 31 (final).

7 metros: Bm. Porriño: 3 / 3 ### Calvo Xiria: 1 / 1
Con esta vitoria na pista do Porriño, unido aos tropezos dos seus inmediatos perseguidores, o soño destes rapaces do Calvo Xiria está cada vez máis preto. Os de Carballo manteñen a segunda posición da táboa e aumentan a súa vantaxe que agora é de 2 puntos sobre Chapela, 3 sobre Lavadores e 4 sobre Lalín e OAR a falta de 4 xornada para o remate do campionato.

Por parte do Xiria non comparecía neste encontro o xuvenil David García, convocado coa selección española promesas, e o meta Iago, aínda que viaxaba, non podía xogar por mor dunha escordadura nun nocello que xa lle impedira ser da partida no encontro de Coia a pasada xornada.

Este sábado tiñan en Porriño outra final para acadar esa segunda posición que daría dereito a xogar a Fase de Ascenso a División de Honra Prata. Conscientes diso, os carballeses saíron a morder dende o primeiro minuto. Con Kike, Álex, Ramón, Christophe, Borja, Jesús, Dubra, e cambio de Ramón por Pablo en ataque, comenzaron con gran nivel o partido, tanto en defensa como en ataque, chegando ao minuto 10 con un 3-8 que obligou ao adestrador porriñés, Luís Montes, a pedir o seu primeiro tempo morto. Aínda que o Calvo continuou a defender ben, os numerosos erros en ataque do equipo carballés non permitían pechar o partido. Ao remate desta primeira metade o marcador era de 10-16.

Na segunda metade o Porriño saíu decidido a lavar a mala imaxe e, a base de casta e debido ás continuas imprecisións do Xiria en ataque, achegáronse ata poñer a igulada no electrónico, cun inquedante 22-22 no minuto 50 de partido que facía presaxiar o peor. Pero cando mellor o tiña o Porriño para darlle a volta ao marcador, varios erros en ataque facilitaron as rápidas contras do Xiria que conseguiu irse definitivamente no marcador ata o 26-31 final.

Con este resultado e as derrotas de Chapela ante OAR, Lavadores ante Oviedo, e Lalín en Xixón, o Calvo Xiria continúa segundo con 30 puntos. Faltan 4 xornadas para o final e o soño está moi preto. Basta con gañar 3 partidos dos 4 para obter a praza para a Fase de Ascenso.

O próximo rival é o Base Oviedo, equipo que ven de certificar o seu descenso matemático nesta xornada. O partido dispútase o sábado 19 de Marzo as 19.00 h no Pavillon Municipal Vila de Noia de Carballo. Un rival que gañou esta semana a Lavadores e virá con ganas de aguarlle a festa ao equipo carballés, que deberá estar máis concentrado que nunca para levar os dous puntos e afianzarse nesa segunda posición.

¡Este sábado imos encher o pavillón!
Ven ti, trae aos teus fillos, invita aos teus amigos do Facebook e se podes a sogra tamén…
Queremos encher o pavillón e precisamos de tí para darlle a estes rapaces os folgos que se merecen.

Eu este sábado vou ver a Xiria. E ti?