GARAYSA XIRIA 44 – SD TEUCRO 33

Garaysa Xiria 44 (21+23): Jorge, Buño, Daniel García (3), Gabriel (3), Iván Campos (9), Raúl (3), Diego (11), Lolo (6), Alejandro (2), Iván Calvo (5), Enrique (2).

SD Teucro 33 (15+18): Miguel, Jose (6), Felipe (5), Asser (3), Marcos (3), Rafael, Jorge (3), Andrés (5), Diego (2), Daniel, Roberto, Andrés (2), Óscar (4), Sergio.

O Garaysa Xiria dobLaba xornada a pasada fin de semana, o sábado xogaba como local e o domingo viaxaba a Moaña. No primeiro dos embites, a priori o máis complicado, recibía á S.D. Teucro, 5º clasificado da táboa, e equipo co que os de Carballo perderan por 33-26 no encontro da primeira volta do campionato. Pero xa pasou moito tempo dende aquela, agora o Teucro ía enfrontarse a outro rival, moito máis seguro de si mesmo e coas ideas moito máis claras en ataque e en defensa, e, por encima de todo, con moitas ganas de devolverlle a derrota sufrida no partido de ida e chegar a superar a renda de 7 goles de vantaxe que conseguira o Teucro.

Custoulle un par de minutos arrancar, pero pronto comezaron os roubos de balón e os contragolpes e non tardamos en ver a mellor faciana do Xiria. O Teucro non sempre atopaba boas opcións de pase co seu pivote, ao que buscaban continuamente. Os apoios funcionaron bastante ben e ao ataque rival custáballe moito traballo acadar boas situación de tiro. O ritmo na circulación do balón era demasiado lento grazas á boa posición defensiva do Garaysa, que mediante disuasións continuas era capaz de atascar o ataque rival. O Teucro seguía vivo por pequenos despistes que impedían coller distancia no marcador e quizás tamén porque os do Xiria non souberon aproveitar ao máximo os momentos máis espesos dos visitantes. 21 – 15 ao descanso que deixaba o partido aberto para calquera equipo.

Pero tras a reanudación o Garaysa non concedeu opción algunha. Saíron claramente a polo partido, e demostrárono con intensidade e bo xogo. Pouco a pouco, a distancia no marcador ía sendo maior e rematou tornando en algo irreversible, xa mediada a segunda metade, non tanto pola diferenza de goles como pola diferenza no xogo desplegado por ambos conxuntos, onde o Garaysa amosou que, hoxe en día, está un nivel por encima do seu rival. Ao final 44-33, once goles de vantaxe que lle dan ao Xiria o golaverage e axuda a quitar a espiña clavada do partido de ida, onde os de Carballo fixeran un partido moi discreto.

Agradecer o apoio recibido dende as bancadas, que de un tempo a esta parte leva ao seu equipo á victoria sen deixar de animar en ningún momento. Os rapaces xogan mellor cando vos estades con eles, dando apoio incondicional e animando nos momentos máis difíciles, grazas de novo.