Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

BM PORRIÑO 26 – PROCASA XIRIA 25

Bm Porriño: 26 (13+13): Romero (7), Manuel (3), Israel, Hugo, Lucas (1), Jorge (6), Brais (1), Miguel, Xoán, Sergio (1), Carlos (7), Gonzalo, Matthiou, Adrián. Procasa Xiria: 25 (12+13): Martín,…

Bm Porriño: 26 (13+13): Romero (7), Manuel (3), Israel, Hugo, Lucas (1), Jorge (6), Brais (1), Miguel, Xoán, Sergio (1), Carlos (7), Gonzalo, Matthiou, Adrián.

Procasa Xiria: 25 (12+13): Martín, Chouciño, Joaquín (4), Iván, Luís García (1), Calvete (5), Damián (1), Mario (5), Jose A. (4), Rubén (3), Ricardo, Julián (2) e Christian.

Colexiados: Rafael Núñez y Jorge Martínez.

Partido, correspondente á 6ª xornada da 2ª fase na 2ª División Cadete, disputado no pavillón municipal do Porriño nun horario atípico para estas categorías, 19:45 h. O Procasa Xiria xogaba o seu segundo partido consecutivo como visitante tras a vitoria do día anterior en Cangas. O equipo recuperaba varios xogadores que non viaxaran a Cangas e afrontaba o encontro con moitos máis trocos. Ademais entraron tamén na convocatoria os intantís Julián e Christian.

O Xiria enfrontábase a un equipo descoñecido que pasou a esta segunda fase como 1º clasificado do outro grupo. O encontro comezou bastante igualado con altibaixos dos dous equipos. Salvo algúns lanzamentos precipitados na primeira metade, os de Carballo desenvolvían un bo xogo ofensivo, Calvete no pivote era un auténtico pesadelo para a defensa local e os extremos mantiñan unha boa porcentaxe de lanzamento nas finalizacións, pero pola contra non chegaban a axustar a súa defensa, que a base de pequenos despistes mantiña ao Porriño mandando no encontro, 13-12 ao descanso.

Tras a reanudación o Porriño saíu máis enchufado en defensa e o noso ataque atascábase por momentos, varios lanzamentos claros errados no inicio desta segunda metade poñían máis costa arriba o partido. Pero o Xiria non ía deixar de loitar, xogou de maneira intelixente e aproveitando as debilidades do rival recurtou distancia chegando a poñer en serios apretos aos locais. E así, chegou a empatar o partido a falta de 2 minutos e medio, pero unha rigurosa exclusión a Joaquín deixábanos con 5 xogadores de campo case ata o remate do partido. Estes últimos minutos foron de auténtico infarto, con goles rapidísimos de ambos equipos, a falta de 20’’ marcou Rubén para poñer o 26-25 e con 17’’ o Porriño sacaba de medio, o Xiria defendía individual todo o campo pero non puido recuperar a posesión. Ao final unha derrota pola mínima nun partido que deixa mal sabor de boca pola oportunidade perdida de puntuar na casa dun grande, pero debemos felicitar ao equipo pola actitude amosada. Xornada tras xornada faise patente unha importante melloría en moitos aspectos.

Cabe destacar a actuación de Mario, que fixo un partido moi completo, onde anotou 5 tantos e estivo máis que acertado en tarefas defensivas, tamén salientar a Jose, que marcou 4 goles de gran factura e Calvete, que xa é un referente ofensivo no noso equipo e sempre supón un verdadeiro problema para ás defensas rivais.

Na seguinte xornada o Procasa Xiria recibe a visita do Tirso de Molina, vello coñecido da primeira fase nun partido co que remata a primeira volta deste campionato polo título. Moita sorte.