IFECGÁS PEREIRA XIRIA 27 – CALFONCAL LAVADORES 33
Ifecgás Pereira Xiria 27 (12+15): Bisbi, Iago (9), Brais (4), Antón (2), Dani, Zas (8), Alvarito -equipo inicial- Naya, Adrián, Miguel (3), Jorge Docampo, Jorge Viñas, Mourín (1). Calfoncal Lavadores…
Ifecgás Pereira Xiria 27 (12+15): Bisbi, Iago (9), Brais (4), Antón (2), Dani, Zas (8), Alvarito -equipo inicial- Naya, Adrián, Miguel (3), Jorge Docampo, Jorge Viñas, Mourín (1).
Calfoncal Lavadores 33 (16+17): David, Manuel, Rafa (3), Joaquín (10), Darío, Aarón (7), Brais (3) -equipo inicial- Nico, Tomás (5), Carlos, Camba, Iván (1), Alfredo (1), Óscar (3).
Colexiados: Pablo González e Ricardo Domínguez.
Penúltima xornada de liga na División de Honra Xuvenil na que o Ifecgás Pereira Xiria recibía a visita do equipo vigués do Lavadores.
O encontro foi sempre de cara para os visitantes, que, aínda que non gozaron de vantaxes moi amplas, estas si foron sempre moi comodas. O Ifecgás Pereira iniciou o encontro despistado e frío fronte a un equipo que se mostrou moi superior no seu carácter competitivo. Os de Carballo xogaban moi estáticos e o balón circulaba moi lentamente. Tan só a calidade individual de algúns xogadores permitía batir a portería rival. O Lavadores xogou moi ben as súas cartas, mostrábanse atentos, concentrados e contundentes na defensa, aproveitando os contragolpes para marcar diferencias no electrónico. No descanso a diferenza, 12-16, deixaba no aire a ilusión dunha posible reacción por parte dos carballeses.
A segunda metade foi semellante á primeira, os de Xiria incrementaban un pouco o seu ritmo, pero en ningún momento parecía que puideran asustar aos de Vigo, moi seguros nas suas accións. Ao remate da contenda, o 27-33 que fai que os de Carballo perdan a sétima praza en beneficio do Bm. Lalín e pasen a ser oitavos.
Precisamente o derradeiro encontro do Ifecgás Pereira Xiria será na pista do cadro lalinés o vindeiro domingo, encontro no que es terá en xogo a sétima posición final na táboa.