GARAYSA XIRIA 53 – BM RASOEIRO 18
Garaysa Xiria (23+30): Jorge, Daniel García (9), Julián (9), Diego (7), Iván (5), Raul (6), Enrique (7) -equipo inicial- Daniel Buño, Manuel (4), Gabriel e Óscar (6). Bm. Rasoeiro (6+12):…
Garaysa Xiria (23+30): Jorge, Daniel García (9), Julián (9), Diego (7), Iván (5), Raul (6), Enrique (7) -equipo inicial- Daniel Buño, Manuel (4), Gabriel e Óscar (6).
Bm. Rasoeiro (6+12): A Franco, Adrián (1), Miguel (5), Antonio (1), Pablo (2), Christian (1), Samuel (8) -equipo incial- Sergio, Rubén, Adrián M., Otero e Ángel.
Colexiados: Sr González
Cómodo partido para o Garaysa Xiria o que disputou o domingo 21 de marzo ante o colista da liga de División de Honra Infantil Masculina. Un parcial de inicio de 0-3 a prol dos visitantes foi todo o deu de si o encontro, a partir de ese intre e cun parcial de 12-1 quedaba o partido visto para sentenza, o conxunto carballés a partir de ese intre adicouse a repartir xogo entre todos os compoñentes mentres deixaba que os minutos pasasen de vagar. Tanto foi así que ata o colexiado se contaxiou anotanto goles na acta a xogadores que non chegaron a marcar.
Foi unha boa inxección de moral para os carballeses xusto antes do derbi ante o Bm. Ártabro da vindeira xornada que se disputa no Pavillón do Colexio Valle Inclán e no que se xogan os dous conxuntos a súa permanencia de xeito directo na categoría, evitando desta forma o ter que xogar unha fase previa no mes de setembro.