Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

BM PORRIÑO 32 – CALVO XIRIA 29

XORNADA 18 07/02/2009 BM PORRIÑO 32 – CALVO XIRIA 29 Bm Porriño 32 (16+16): Soliño, Ismael (9), Marcos (4), Malvar (2), Aitor (2), José (5), Adrián (1) -equipo inicial- Pablo,…

XORNADA 18

07/02/2009 BM PORRIÑO 32 – CALVO XIRIA 29
Bm Porriño 32 (16+16): Soliño, Ismael (9), Marcos (4), Malvar (2), Aitor (2), José (5), Adrián (1) -equipo inicial- Pablo, Raúl, Alberto (6), Miguel, Boza, Antón, Jonathan (3).

Calvo Xiria 29 (14+15): Quique, Cuco (3), Borja (2), Jesús (3), Pablo (1), David (4) e Dubra (1) -equipo inicial- Iago, Alex (1), Chimpo (6), Angel (4), Bruno (3), Gonzalo e Iván (1).

Colexiados: Srs. Mohedano e Montes.

Parciais: 4-2, 7-6, 9-9, 10-11, 12-13, 16-14, 19-16, 20-19, 23-20, 26-22, 28-25, 32-29

Caeu derrotado o Calvo Xiria no partido pertencente á 18ª xornada que se disputou na cancha do Bm. Porriño. Ao descanso chegouse con vantaxe a prol dos pontevedreses cun resultado de 16 – 14.

Comezo de partido dubitativo por parte do Calvo Xiria que aproveitaron os locais para levar a iniciativa no marcador da man de José que conseguía dende o extremo dereito case cinco goles consecutivos. Pero a partir do minuto doce o panorama cambiou e tres contraataques dos carballeses foron suficientes para poñerse por diante no electrónico con dous goles de vantaxe, 11 – 13.

Sen embargo todo cambiou para o Calvo nos seguintes minutos, xa que a defensa carballesa permitiu demasiada comodidade nos lanzamentos de nove metros e na circulación de balón dos porriñeses o que, unido a actuación dende o extremo esquerdo de Ismael ao longo de todo o encontro, impediu calquera tipo de reacción logo de acadar o cadro local na segunda metade local unha diferenza de ata cinco goles.

Mais tivo as súas oportunidades o Xiria cando o marcadoro estaba 21-20. Os carballeses puideron darlle a volta ao marcador con tres posesións estragadas de xeito consecutivo. A partir deses intres o Porriño soubo aproveitar mellor as súas ocasións e non perdoou.