PREMIOS ANUAIS DA DA FEDERACIÓN GALEGA DE BALONMÁN
O BALONMÁN XIRIA ELIXIDO COMO MELLOR CLUB
A Federación Galega de Balonmán fará entrega dos seus premios anuais na tarde de hoxe no Hotel Coia de Vigo. Entre os galardonados estará o Bm. Xiria que foi nomeado como mellor club.
Estes premios son un recoñecemento a todas as persoas, clubs, e entidades que fan posible que o noso deporte creza día a día e sexa un referente para moitos
A relación de galardonados é a seguinte:
– CLUB: Bm Xiria
– XOGADOR: Begoña Fernández Molinos e Víctor Vigo Gerpe
– ADESTRADOR: Víctor García Borrás «Pillo»
– DIRIXENTE: Javier Rodríguez López
– ÁRBITRO: Vanessa Pérez Rodríguez e Marcos Pérez Outeda
– ENTIDADE: Concello de Lugo
– PROMOCIÓN DEPORTE BASE: Concello de Redondela
– MEDIO DE COMUNICACIÓN: Radio Voz Vigo e Diario de Pontevedra
– MENCIÓN ESPECIAL: Marcos Tourón Dibuja, Concello do Rosal e Caixanova
– TÍTULO PÓSTUMO: José Antonio Martínez Costas e Rafael Soria Retamal
– INSIGNIA DE OURO: Ramiro Losada Bastos