BM Porriño 41 – Goldie Xiria 7
Crónica do BM Porriño-Goldie Xiria Manuel Rey / 28 Xaneiro 2014 BM PORRIÑO 41 – GOLDIE XIRIA 7 (21-2) BM PORRIÑO 41 (21): Sheila (Sabela) (p), Marta 2, Cristina 6,…
Crónica do BM Porriño-Goldie Xiria
Manuel Rey / 28 Xaneiro 2014
BM PORRIÑO 41 – GOLDIE XIRIA 7 (21-2)
BM PORRIÑO 41 (21): Sheila (Sabela) (p), Marta 2, Cristina 6, Gemma 5, Nuria 7, Saijo 6 e Ramallo 6 (equipo inicial) Godoi, Mónica 3, Ana 1, Andrea 1, Lucía 1 e Cora 3.
GOLDIE XIRIA 7 (2): Sara 1 (Lucía) (p), María 1, Adriana, Cris , Raquel, Tamara, Jessica 1 (equipo inicial) Zeltia 3, Manón, Sandra e Isa.
Arbitraron: Andrés Casaleiro e Alberto Isidro, sin complicacións, excluiron as visitantes Tamara e Cris (2).
6ª Xornada da Primeira Autonómica Feminina
25 XANEIRO 2013 no Pavillón Municipal de Porriño
Abultada derrota do Goldie Xiria diante do líder. Notou en exceso as numerosas baixas, sobretodo a das suas máximas realizadoras Juana e Marta, faltándolle ritmo competitivo e deixándo moitos espacios en defensa. A defensa presionante do Porriño converteuse nun incesante roubo de balóns e goles ao contrataque para as locais, pola sua banda o Xiria xogou con moitos nervios que fixeron precipitarse nas suas accións de ataque. Reseñar o debut de Zeltia nas filas do Goldie Xiria, xogadora que viña adestrando dende principios de tempada e baixa de Patricia que se vai a traballar 3 meses a Canadá.
A vindeira semana visita Carballo o Carballal de Vigo, será o sábado as 6 da tarde no pavillón Vila de Noia