Crónica do Calvo Xiria 33-BM Ártabro 21
Manuel Rey / 28 Xaneiro 2014
LIGA DE 1ª DIVISIÓN ESTATAL – XORNADA 16
CALVO XIRIA 33 – BM. ARTABRO NOVO MESOIRO 21
Calvo Xiria 33 (15+18): Iago [p], Ramón, Sergio (3), Chimpo (4), Rubén (2), Manuel (5), Jorge (1) -equipo inicial- Zúpez [p], Calvete (2), Brais (3), Martín (6), Pablo (4), Javier, Gonzalo (3).
Bm. Ártabro Novo Mesoiro 21 (12+9): Víctor [p], Rubén (2), Catoira (1), David (1), Bruno (3), Adrián (1), José (8)– equipo inicial – Martín [p], Daniel (1), Alejandro (1), Óscar, Igor, Iago (1), Duarte (2).
Colexiados: Pablo Álvarez Vázquez e Lucas Crespo Gómez do colexio galego. Excluíron aos xogadores locais Ramón (4´, 16´e 50´) e Brais (33´), tamén ao adestrador Marcos Rodríguez (43´). Polo bando visitante excluíron a José (47´) e Daniel (52´).
Marcador: 3-0, 7-2, 9-3, 12-5, 13-9, 15-12 (descanso); 17-14, 18-14, 22-16, 24-18, 27-19, 33-21 (final).
7 metros: Calvo Xiria: 0 / 3 ### Mecalia Atl. Novás: 4 / 8
Máis de 300 seareiros nas gradas do Vila de Noia. Os xogadores dos dous equipos mostraron o seu apoio ao carballés Jesús, que nestes intres milita nas filas do equipo coruñés, tras a súa lesión.
Partido resolto con solvencia polo Calvo Xiria, que impuxo a súa intensidade defensiva ante as individualidades do conxunto coruñés. O resultado final de 33 a 21 non deixa lugar a dúbidas sobre o acontecido no parqué dun Municipal Vila de Noia que vibrou co xogo dos xogadores verdibrancos.
Dende o inicio deixaron ben claras as súas intencións os carballeses que romperon o encontro con moita velocidade no xogo ofensivo e continuas axudas na parcela defensiva que facían que o xogo do Ártabro fose lento e previsibles ao que se lle engadía a aportación de Iago baixo paus. O resultado non se fixo agardar e no minuto quince do primeiro tempo o Calvo levaba unha vantaxe de seis goles. Pero pouco despois complicouse a situación para os carballeses, por unha parte os cambios de xogadores non deron o resultado, de inicio, agardado e a intensidade carballesa baixou enteiros, e por outra a segunda exclusión de Ramón deixaba tocada a zona defensiva central verdibranca. Con este panorama chegouse ao descanso, logo de ter o Ártabro a opción de se poñer a un gol, mais non tirou proveito e no seguinte ataque, xusto antes do descanso, os carballeses perforaron a portería visitante para marcharse ao vestiario cun parcial de 15-12 e ca sensación de ter traballo por diante para levarse os dous puntos en xogo.
Mais motio trocou a actitude do conxunto local, e cos mesmos xogadores que remataron o tramo final do primeiro tempo o traballo na pista foi ben distinto. Na parcela defensiva -sen Ramón xa que so xogou cinco minutos no segundo tempo o que tardaron os colexiados en sinalar a súa terceira exclusión logo dunha acción máis que dubidosa- o bloque do Xiria impuxo o seu xogo colectivo e pouco a pouco minou as forzas duns xogadores coruñeses nos que as poucas rotacións feitas pasaron factura e desembocaron en moitas perdas de balón e lanzamentos pouco claros que deron moita vida ao contraataque carballés. Ofensivamente a aportación de todos os xogadores en canto a construción e finalización foron claves para obter moita vantaxe ante os porteiros visitantes, e os goles foron caendo no marcador dos carballeses que remataron o encontro acadando a máxima diferenza do partido, un +12 que leva de novo ao camiño da vitoria ao Calvo Xiria.
A vindeira xornada o Calvo Xiria disputa un novo derbi na Coruña ante o OAR. O sábado ás 18:30 no San Francisco Javier.