Crónica do BM Rasoeiro 20 – Goldie Xiria 11
Manuel Rey / 18 Novembro 2013
BM RASOEIRO 20 – GOLDIE XIRIA 11 (12-7)
BM RASOEIRO 20 (12): Ainhoa (Romina) (p), Carla 7, Andrea 2, Pintos, María 1, Alicia 2, Adriana 5 (equipo inicial) Emma, Lara, Mar e Lorena
GOLDIE XIRIA 11 (7): Sara (p), María 1, Marta 4, Juana 3, Adriana 2, Raquel, Jessica 1 (equipo inicial) Tamara, Natalia, Cris Pombo, Lucía, Patricia, Sandra e Manon
Arbitraron: Pablo Goitia e Borja Pazos, perxudicaron notablemente ao Xiria, expulsaron a Sara e excluiron a María e Jessica polo Xiria e a Mar polo Rasoeiro.
Incidencias: 8ª Xornada da Primeira Autonómica Feminina
16 Novembro 2013 no Pavillón Monte da Vila de O Grove
Unha decisión arbitral aos 15 minutos de encontro truncou as aspiracións coas que chegaba o Goldie Xiria a O Grove. Cando o marcador reflexaba victoria do Xiria 4 a 5, os colexiados expulsaron a única porteira, Sara, que viaxou, pois Brenda estaba lesionada, por unha acción excesivamente rigurosa e que obrigaba a utilizar a unha xogadora de campo como porteira, neste caso a Lucía.
Empezou o encontro cun Xiria con moita intensidade e ben colocado en defensa, recuperando balóns que lle permitian subir o contraataque, igualmente as ideas parecían estar máis craras no ataque e superando as suas rivais. A mencionada xogada, coa expulsión de Sara supuso un golpe anímico moi grande para unhas xogadoras novas na categoría que a maiores vian como cada decisión arbitral caia do lado do Rasoeiro. Chegouse a o final da primeira metade coa ventaxa local de 5 goles, que non reflexaba o acontecido nesta primeira metade.
Na segunda metade o Goldie, volveu a caer na precipitación de partidos anteriores e as diferencias iban abrindo brecha no marcador, sobretodo polos poucos recursos amosados de cara a gol e coa boa actuación da porteira local.
A próxima semana o Goldie Xiria recibe a visita do Lavadores, será o sábado a partir das 6 da tarde no Vila de Noia