CALVO XIRIA 38 – CISNE BM 31

Crónica do Calvo Xiria 38 – Cisne 31
Manuel Rey / 18 Novembro 2013
CALVO XIRIA 38 – CISNE BM 31

Calvo Xiria 38 (18+11): Iago [p], Ramón, Sergio (7), Chimpo (11), Brais (6), Manuel (3), Jorge (2) – equipo inicial- Martín G.[p], Calvete, Javier (4), Rubén, Martín A., Alex, Pablo (5).

Cisne Bm. 24 (11+13): Iago [p], Gestido (2), Abilleira (1), Rey (7), Da Silva (9), Vázquez, Simón (2) – equipo inicial – Novás [p], Edu [p], David, Chan (5), Sánchez (1), Picallo (2), López (2).

Colexiados: Ana Correa Araujo e Soraya Abelenda Martínez do colexio galego. Excluíron aos xogadores locais Brais (44´) e Ramón (58´). Polo bando visitante a Abilleira (15´), Miguel (48´) e David (50´).

Marcador: 5-2, 8-3, 13-6, 16-10, 17-12, 18-14 (descanso); 20-17, 25-22, 29-24, 31-26, 37-27, 38-31

7 metros: Calvo Xiria: 1 / 1 —- Cisne Bm.: 0 / 2

Incidencias: 350 seareiros no Vila de Noia. LIGA DE 1ª DIVISIÓN ESTATAL – XORNADA 9. 16/11/2013

Novena xornada da liga de 1ª estatal na que o Calvo Xiria repetiu o guión da anterior: partido que tiña controlado e que semellaba resolto pero no que deixa que o seu rival rexurda e o poña en apuros, mais ao final consegue unha vitoria por unha ampla diferenza. Desta volta foi no Municipal Vila de Noia ante o Cisne Bm, o resultado final: 38-31.

Dende o inicio o conxunto verdibranco foi superior ao seu rival e conseguiu facer oco no marcador sen deixar pasar demasiados minutos, de tal xeito que o adestrador visitante solicitou tempo morto no minuto dez. Nada mudou no panorama que se vía no terreo de xogo e o marcador foise ata un 16-8, que unido ao xogo duns e outros indicaba un partido tranquilo para os seareiros locais. Pero iso foi no minuto 18.

Despois todo foi distinto, e si o primeiro terzo foi de clara cor verde o segundo terzo do partido foi visitante claramente. O Calvo Xiria deixou entrar en acción as mellores armas dos pontevedreses ao tempo que esquecía a fórmula que lle dera resultado ata ese momento, e pouco a pouco foron limándose as diferenzas ata situarse nun 23-22 no minuto 7 do segundo tempo. Un novo partido empezaba…ou así semellaba.

Pero como o encontro ía de terzos o derradeiro foi indiscutiblemente carballés. Con velocidade no xogo e finura na finalización acadou un parcial de 14-5 que poña punto final a un partido xa clásico nesta categoría. Os derradeiros cinco minutos convertéronse nun corre rúas que xa non influíron no marcador.

O Calvo Xiria acada así a segunda posición, trala derrota do Luceros na pista do Atlético Novás. A clasificación queda así.

A próxima xornada será en Pontevedra o domingo ante o Vitaldent Bm. Pontevedra.