10/03/2004 2ª XORNADA
BALONMÁN RIVEIRA: Eva, Beatriz ( 1 ), Ana, Victoria, Ríos, María, Fernández – equipo inicial – Laura, Tania, Nora, Clara, Gónzalez, Ana Lb.
PUNTA DEL ESTE XIRIA: Raquel, Iria ( 6 ), Paula ( 13 ), Fernanda ( 3 ), Juana ( 2 ), Marta ( 6 ), María ( 5 ) – equipo inicial – Adriana ( 1 ), Arancha, Uxía ( 1 ), Jessica, Yanin.
O Punta del Este Xiria estreouse na liga cadete feminina cunha esmagadora victoria ante o Balonmán Riveira por 1 a 37 en partido disputado no pavillón municipal de Ribeira.
O encontro careceu de interese pois a diferencia de calidade entre os dous conxuntos é incluso maior do que reflicte o marcador final. Dende o primeiro minuto viuse que non sería máis que un mero trámite para o conxunto carballés conquerir os dous puntos.
Preséntase polo tanto unha liga pouco competida, na qeu está inscrito a maiores dos conxuntos que disputaron este encontro o Balonmán Camariñas. E ningún dos dous parece que vaia a ser unha ameaza para a clasificación do equipo carballés para a disputa do Campionato Galego Cadete.
O próximo rival do Punta del Este Xiria e o Balonmán Camariñas o día 19 de Marzo na localidade camariñá.
0-3 / 0-5 / 0-9 / 0-12 / 0-15 / 0-19 / 0-21 / 0-24 / 1-26 / 1-29 / 1-34 / 1-37
O colexiado Sr. José Pérez non tivo complicacións.