IFECGAS PEREIRA XIRIA 26 – Dep. Cimans O.A.R. «B» 9

10/03/2004 14ª XORNADA

IFECGAS PEREIRA XIRIA: Iván, Rubén, Anxo(5), Aitor(10), Gonzalo(4), Rodrigo, Javier, Iago(5), Christophe e Alejandro.

DEP. CIMANS O.A.R. «B»: Yoel, Ricardo, Roi, Alexandre, Fernando, Manuel, Jorge, Javier, Roberto, Sergio e Varela.

Visitaba o Sábado pasado o OAR Cimáns “B” a pista carballesa da Zona Escolar para enfrontarse ó primeiro clasificado, o Ifecgas Pereira Xiria. O equipo carballés acudía a este partido coas importantes baixas de Rodrigo e Christophe por lesión o que motivou que o porteiro Iago tivese que exercer coma xogador de campo.

Non foi un xogo moi brillante o do cadro bergantiñán pero foi suficiente coas ganas postas dende o primeiro intre do encontro para que este transcorrira por uns camiños moi cómodos para o conxunto local. Ó descanso chegábase cun marcador de 14-5 que reflectía perfectamente ó acontecido ata ese intre.

A segunda metade foi mais cómoda se cabe, só coas premisas de defensa e contraataque o Ifecgas Pereira Xiria abría mais brecha no electrónico ata chegar ó 26-9 final.

2-0 / 3-1 / 5-3 / 9-4 / 11-5 / 14-5 / 16-6 / 18-6 / 20-7 / 21-9 / 24-9 / 26-9

O colexiado David Rodríguez na súa liña habitual, é dicir, nefasto e sen criterio algún, aínda así non infuiu no resultado.