Bo inicio do Calvo Xiria na Copa Sponsor

Con certa resaca emocional, trala gran actuación na Final Four, o noso senior feminino desprazábase ata Vigo en busca dos dous primeiros puntos na Copa.

O Xiria foi claro dominador do encontro dende o comezo ante un Seis do Nadal moi mermado físicamente pola cita do sábado ante a AD Carballal. A boa defensa carballesa permitía correr rápidos contraataques deixando sentenciado o partido nos primeiros compases.

Vitoria moi coral, con importante participación de todas as xogadoras e coa mirada xa posta nas citas ante Samertolameu e Carballal, co obxectivo de clasificarse para os cuartos de final.