O Calvo Xiria gaña con gol de falta directa

Unha falta directa anotada por Gabriel co tempo cumprido daba a vitoria ao Calvo Xiria ante a SAR de Redondela tras un igualado partido en Carballo. As constantes alternancias no marcador nun partido igualado onde o Calvo Xiria conseguiu dous puntos que o sitúan na cuarta praza.

Ao comezo do partido, Sar estivo máis acertado e non foi ata chegados ao minuto 10 que o Calvo Xiria conseguía empatar. 10 minutos brillantes poñían en vantaxe de 3 goles aos locais. Sar seguía insistindo no xogo co pivote e logrou darlle a volta ao marcador. Os últimos minutos da primeira parte, unha serie de balóns pérdidos daban coa máxima vantaxe visitante 15 a 17.

Tras o descanso, o Xiria lograba empatar, e a partir de aí intercambio de golpes, con continúas alternancias no marcador. A falta de 12 minutos, os locais lograban de novo poñerse 3 goles arriba, pero Sar conseguiu darlle a volta de novo. Con 30 a 31, David García perforou a portería de Cadilla e na última posesión dos visitantes, a presión defensiva daba balón ao Calvo Xiria para tratar de gañar. Unha eficaz falta sobre Chimpo, daba co asubío final. E Gabriel Castiñeiras de forma espectacular, metía gol da vitoria para celebralo entre xogadores e afección.

Calvo Xiria 32 – Sar Plastic Omnium 31

Calvo Xiria (15+17): Mateo Pallas (p), Antonio Mato (p), Julian García, Esteban Puñal, Gabriel Castiñeiras (8), Hugo Rodríguez (4), Carlos Martín, Diego Vega (6), Diego Antelo, Manuel Méndez, Alejandro Gómez (3), Jorge Bouzas (1), Carlos Varela, Mario Cancela (2), David García (5), Martín Fuentes (3).

Sar Plastic Omnium (17+14): Manuel Piñeiro (6), Diego López (1), Yeray Soutullo, Alexandre Cernadas, Anxo Otero, Oscar Castro, Andre De Moura (8), Lois Lago (4), Daniel Pereira, Marco García, Gabriel Pazos (3), Iago Vidal (9).

Parciales cada 5 minutos: 3-4, 5-6, 9-8, 12-11, 14-12, 15-17, (descanso), 18-19, 21-22, 26-24, 27-26, 28-29, 31-31.

Árbitros: Julio Villanueva e Pablo Torreiro.

Incidencias: Partido correspondiente a 28ª jornada do Grupo A da Primeira Nacional, disputado no pavillón Vila de Noia (Carballo).