Bo partido do Calvo Xiria

Vitoria do Calvo Xiria, na primeira das finais que lle quedan de aquí a final de tempada para acadar o obxectivo de loitar polo ascenso de categoría, ante un Bm Cañiza que non puido aguantar o ritmo imposto polos carballeses ao longo dos sesenta minutos.

Recuperou o conxunto verdinegro as súas mellores armas para levarse un partido ante un rival que hai tres semanas gañaba na súa casa ao Porriño, segundo clasificado. A defensa carballesa estivo a un alto nivel para favorecer as paradas e saídas rápidas na contra, xogadas con criterio, levando o balón ás zonas máis febles do repregue defensivo visitante. Tamén no ataque posicional volveu o balón a moverse con velocidade dun extremo até o outro, e os xogadores a recibir en desprazamento. O resultado foi un partido encarrilado no primeiro tempo e rematado no minuto dez do segundo tempo.

A vindeira xornada viaxa a Vigo o Calvo Xiria para medirse ao Granitos Ibéricos, nun partido no que os carballeses deben de seguir polo camiño do día de hoxe para facerse cos puntos en xogo.

Incidencias: partido disputado no Pavillón Vila de Noia ante máis de 400 seareiros. Colexiados: Pedro Eiras Abalde e Aaron Sestay Prieto do colexio galego. Castigaron con exclusión polo Calvo Xiria a Julián López (49´), namentres polo Bm Saeplast Cañiza foron sancionados Xacob Novoa (20´), Andrés Piñeiro (31´, 45´), Rafael Fernández (34´) e o adestrador Daniel Benaches (44´). 7 metros: Calvo Xiria 2//2    Bm Saeplast Cañiza 3//4 . Marcador cada 5 minutos: 2-3, 6-3, 6-6, 10-9, 13-10, 18-12 descanso, 21-13, 23-15, 26-19, 28-20, 30-22, 32-25.

CALVO XIRIA 32 (18+14): Santiago Gómez [p], Martín Gómez [p], Brais Puñal (3), Pablo Iglesias (2), Uxío Batán (1), Sergio Facal, Gonzalo Pombo (3), Alejandro Calvete (1), Javier Rodríguez (3), Julián López (3), Hugo Rodríguez (3), Martín Alfeirán (5), Jorge Bouzas (2), Manuel Méndez (3), Miguel Suárez-Pumariega (3), Juan Carlos Rodríguez.

BM SAEPLAST CAÑIZA 25 (12+13): Marcos Carrera [p], Miguel Guedes [p], Ismael Lago (6), Rafael Fernández (1), Daniel Mendes (6), Marcos Estévez (3), Xacob Novoa (4), Pablo Álvarez, Andrés Piñeiro (3), Abraham Alonso (2), Manuel Groba, Manuel Alonso.