O Laber Xiria, sentenciado nun primeiro tempo para esquecer
Os xuvenís do Laber Xiria, cederon os dous primeiros puntos na competición de Cópaa Federación e fixérono a domicilio contra o Teucro, conxunto que facía dúas semanas apartáraos da fase…

Os xuvenís do Laber Xiria, cederon os dous primeiros puntos na competición de Cópaa Federación e fixérono a domicilio contra o Teucro, conxunto que facía dúas semanas apartáraos da fase final galega. Os carballeses fraguaron a derrota deste fin de semana nun primeiro tempo horrible, onde a baixa intensidade e a escasa actitude, acenderon desde os primeiros minutos todas as alarmas. Foi no paso polo minuto vinte e cun bochornoso 11-3, cando os verdinegros mostraron unha leve melloría e conseguiron un parcial de 7-8 para marcharse ao descanso cun 18-11 en contra, distancia de igual maneira moi ampla e que ao cabo sería do todo insalvable. A pesar de mellorar no segundo tempo e de gañar enteiros en canto á disposición na cancha, os de Xiria non puideron cun conxunto local que dominaba a cómoda vantaxe, diferenza que nunca baixou dos catro goles. O parcial conseguido polo Laber Xiria neste segundo acto (13-14), en parte grazas á súa reacción defensiva, moito máis activa e con maior intención cara ao balón, non terminaría por ser suficiente de fronte ao resultado final, aínda que se melloraría as sensacións que o conxunto mostrara no primeiros trinta minutos de xogo. Ata dentro de tres fins de semana, o equipo bergantiñán non retomará esta competición e farao fronte ao Seis Do Nadal de Vigo xa como local.
SD. Teucro: 31 (18+13). Miguel Acuña, Manuel Escudero (1), Martín Suárez (2), A.R. Rafael De Sousa (6), Pedro Sánchez (5), Luis Araujo (1), Alejandro Gómez (9), R. Pacheco Steinunnarson (p), Gonzalo Domínguez (2), Eduardo Ameijeiras, Anxo Alonso, Mario Chan (1), Pedro Schipper (2), Diego Castro (2).
Laber Xiria: 25 (11+14). Antonio Mato (p), Samuel Castiñeiras (p), Manuel Souto (p), Andrés Vila (6), Roi Alfeirán (5), Ronaldo Durán (2), Francisco Rey (4), José Varela, Andy Rey (5), Manuel Sánchez (2), Alejandro Gómez, Andrés Urbieta (1).
Colexiado: Cesar Carballo. Non estivo acertado, inda que non influíu no resultado final.
Incidencias: Segundo encontro da Copa Federación de categoría xuvenil, disputado no Multiusos de Pontevedra ante un centenar de seareiros de ambos conxuntos.
Fotos Do Encontro:















