Entra o Calvo Xiria na recta final da Liga

Afronta este sábado no Vila de Noia ás 18:00 a súa primeira final o Calvo Xiria ante un rival que amosou unha liña ascendente no seu xogo, e nos resultados, ao longo da tempada, e que xa lle puxo moitos problemas no partido disputado na primeira volta. Se a  isto se lle engade que o Bm Cañiza fai quince días foi quen derrotar ao Porriño, o resultado é un rival moi complicado e que fará que  os carballeses teñan que facer o seu mellor xogo para levarse os puntos. Traballar a reo na faceta defensiva e poder correr contraataque será unha das premisas fundamentais para a tarde do sábado. Mais si en algún punto debe de mellorar de xeito notable o conxunto carballés é no xogo ofensivo posicional, en base a incrementar a mobilidade dos xogadores en función do balón, para incrementar a súa media goleadora, que nos dous últimos partidos está nun pobre 21.5 goles, moi lonxe dos 29.5 que leva de media na presente tempada.

En Tui, o mesmo sábado ás 20:30, as rapazas do Goldie Xiria tentarán levarse a vitoria, para seguir na loita por unha das dúas primeiras prazas que dan acceso á seguinte fase. Todas as xogadoras están en condicións de participar, agás Andrea por motivos laborais. Non será sinxelo derrotar a un equipo que ten moi claras os seus puntos fortes, e que ten na eficacia dende os extremos e na velocidade do contraataque as súas armas preferidas.

Tamén o sábado, polo mañá, disputan os tres equipos da División de Honra a segunda xornada da Copa Federación ante o mesmo rival, a SD Teucro. Os partidos xogaranse no Multiusos da Xunqueira, sendo os cadetes do Grupo Lemaco ás 10:00 os primeiros en saltar á pista, na procura dunha vitoria baseada nos conceptos que o equipo está a traballar nas derradeiras semanas, seguindo deste xeito co obxectivo formativo do presente ano.

O Garaysa Xiria, ás 12:00 na pista 1, competirá respectando as premisas marcadas para a mellora programada para a disputa da fase que da acceso ao campionato de España e para a que lle quedan tres semanas de duro traballo e nas que a faceta colectiva debe de se impor ao individual.

E por último o Laber Xiria, tamén ás 12:00 mais na pista 2, afronta un choque ante un equipo ao que non foi capaz de derrotar na presente tempada, motivación extra para os carballeses, que desexan conseguir desta vez a vitoria por fin e así dar un paso importante nas súas respectivas clasificacións. O Laber non poderá contar co aínda cadete Pedro, pero todos os demais xogadores estarán dispoñibles.