Bo partido do Grupo Lemaco que acadou unha importante vitoria ante o Carballal
Grupo Lemaco Xiria – 36 (17+19): Jose, Sergio T., Fran (6), Antón (2), Vila (12), Miguel, Andy (4), Mario, Roi (5), Renzo, Urbieta (1), Pedro (2), Pombo, Manuel (1), Samuel…

Grupo Lemaco Xiria – 36 (17+19): Jose, Sergio T., Fran (6), Antón (2), Vila (12), Miguel, Andy (4), Mario, Roi (5), Renzo, Urbieta (1), Pedro (2), Pombo, Manuel (1), Samuel e Ronaldo (3).
A. D. Carballal – 24 (11+13): Julio, Lois, Óscar (3), Brais O. (4), Andre (3), Lucas (1), Brais F., Iago (2), Samuel (3), Abraham, Isidro, Guillermo (8) e Carlos.
Marcador cada 5′:
5′(3-2), 10′(8-4), 15′(8-5), 20′(12-7), 25′(15-9), 30′(17-11)
35′(20-14), 40′(24-18), 45′(26-18), 50′(28-20), 55′(34-20), 60′(36-24)
Os cadetes do Grupo Lemaco acadaron unha traballada vitoria este domingo ante o A.D. Carballal, o seu inmediato perseguidor, na última xornada da primeira volta da liga. Con estes dous puntos ábrese unha brecha importante de 6 puntos entre os 5 primeiros clasificados e os demais equipos.
O encontro estivo dende o comezo dominado polos locais, que no minuto 10 xa mandaban 8-4 no marcador. O equipo amosábase moi solvente en ataque, tanto nas transicións, onde fixo moito dano, como en ataque posicional. Os porteiros, tanto Mario coma Samuel, estiveron moi ben durante todo o encontro con paradas de gran factura cando a defensa máis o necesitaba. Con isto chegouse ao final da primeira metade 17-11 a prol do Grupo Lemaco Xiria.
Na segunda metade os erros defensivos nas marcaxes ao pivote fóronse solucionando e pouco a pouco o equipo foi aumentando a distancia no marcador ata os 14 goles (34-20 Min. 55), un apertón final dos vigueses colocaba o derradeiro 36-24 no marcador.
A próxima semana os equipos de División de Honra descansan pola Ponte da Constitución retomando a competición a seguinte fin de semana co encontro fronte ao Luceros de Cangas, en Carballo, que marcará moito as posibilidades do equipo de quedar entre os 3 primeiros clasificados e optar así a unha praza para o Campionato de España.
Clasificación trala 11ª xornada:
Fotos do encontro:







