Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

O Garaysa Xiria non consegue frear ao lider

Enfrontábanse na mañá do domingo os dous primeiros clasificados da división de honra, o Garaysa que marcha segundo, saía con intención de asaltar o liderado. Desde o principio do encontro…

Enfrontábanse na mañá do domingo os dous primeiros clasificados da división de honra, o Garaysa que marcha segundo, saía con intención de asaltar o liderado.
Desde o principio do encontro púidose ver a igualdade que existe entre os dous equipos. Os locais non eran capaces de frear o xogo rival, que conectaban bos pases ao pivote e xeraba demasiados problemas no bloque central da defensa. En ataque, o Garaysa movía ben o balón e atopaba espazos para que todos os xogadores participasen de cara ao gol.
Ao descanso chegouse cun 17 a 20 a favor dos visitantes.

Na segunda parte, o Garaysa Xiria corrixiu a defensa e recuperaba balóns para correr o contrataque; pero as présas por querer remontar a diferenza de 3 goles facían que perdesen pases moi sinxelos. Esta confusión aproveitouna o Carballal para aumentar a vantaxe. O resto de segunda parte púidose ver que os carballeses non baixaron os brazos en ningún momento, subindo a presión defensiva e realizando as tarefas necesarias para tentar gañar.
Ao final, o público agradeceu o esforzo dos seus xogadores, que deben de tomar como exemplo este partido á hora de manter o esforzo e tentar mellorar para que a próxima vez que se enfronten o resultado sexa outro.

Incidencias: Partido disputado no Pavillón Vila de Noia cunha boa entrada, con preto de 200 seareiros. Colexiado: Ángel Villar Corrales do colexio galego. Sen complicacións. Castigou con exclusións a Iago Rincón e Alejandro Gómez por parte local, namentres polo A. D. Carballal foron sancionados Ignacio Costas e Alejandro López / 7 metros: Garaysa Xiria 2/2 // A.D.Carballal 3/3.

Marcador cada 5 minutos: 4-4, 9-9, 11-13, 13-15, 17-20, descanso, 20-23, 22-27, 26-33, 30-35, 33-38.

GARAYSA XIRIA 33 ( 17 + 16 ): Julio Ferreiro [p], Diego Lema [p], Mario Rincón (7), Daniel Mallo, Alejandro Gómez (14), Mario Cancela (2), Diego Antelo, Iago Rincón (6), Adrián Mesejo, Iker Martínez (3), Franco Rial, Xurxo Díaz (1).

A.D. CARBALLAL 38 ( 20 + 18 ): Jose Chao (7), Alberto Romero (1), Roi Gallego (4), Blas Cabaleiro (1), Pablo González, Mario González (4), Carlos Mariño (7), Iago Costas (5), Alejandro López (4), Ignacio Costas (5), Pablo Neira.

Clasificación 11

Garaysa-Carballal Garaysa-Carballal2 Garaysa-Carballal3 Garaysa-Carballal4 Garaysa-Carballal5 Garaysa-Carballal6