Bo partido do Grupo Lemaco Xiria que supera ao Luceros

Grupo Lemaco Xiria 31 – Balonmán Luceros 26 (16-10)

Recibía o Grupo Lemaco ao Balonmán Luceros de Cangas coa necesidade dunha vitoria que afianzase o bo momento de xogo que amosara a semana pasada en Vigo. Moi concentrados os xogadores carballeses dende o inicio do encontro e con gañas de confirmar que van collendo o ritmo a categoría. O arranque, cun 5 a 0 a favor, fala das gañas que puxeron os xogadores e a confianza que vai collendo o equipo na labor defensiva, ben arroupado polos seus porteiros, pero o Luceros tamén tiña algo que dicir, e foise metendo no encontro a base de continuidade no seu ataque introducindo as máis das veces dobre pivote que aproveitaban pola maior envergadura dos seus xogadores. Tan so conseguía despegarse o Xiria no final do primeiro tramo acadando un 16 a 10.

Pero a intensidade defensiva do Grupo Lemaco, tería que pagar excesivo peaxe, segundo os árbitros, que castigaron excesivamente aos carballeses con 9 exclusións, como no caso de Brais que tivo que abandonar o partido por motivo da terceira exclusión aos 5 minutos da segunda metade, e demasiados lanzamentos en contra de 7 metros. Pese a elo, o Xiria non lle perdeu a cara ao partido e conseguía marcar varias veces en inferioridade cos mellores momentos de combinación de ataque. Intentaba igualar o equipo cangués o marcador propoñendo marcaxes individuais a primeira liña, pero soubo sacudirse esa presión o Grupo Lemaco, que sentenciaba o encontro con un definitivo 31 a 26.

Grupo Lemaco Xiria 31 (16): Diego Lema e Julio Ferreiro (porteiros) Iker Martínez 3, Alex Gómez 13, Pedro Pereira 5, Iago Rincón 2, Renzo Díaz, Xurxo Díaz, Adrián Mesejo 1, Franco Rial 1, Brais Vila 5, Mario Rincón, Andrés Urbieta 1, Alex Sueiro, Manuel Varela e Diego Rodríguez

Balonmán Luceros 26 (10): Adrián Budiño e José cerqueiro (porteiros) , Hugo Alonso, Brais Cordeiro 4, Adrián Gómez 1, Yoel Curra, David Pousada 3, Javier Fernández, Diego Pousada, Gonzalo Piñeiro, Adrián Bernardez, Pablo Giraldez 3, Sergio Piñeiro 3, Mario Rivas 2, Iago Fonseca 2 e Eric Bermúdez

Marcador cada 5 min: 3-0 / 5-1 / 8-5 / 10-7/ 11-9 / 16-10/ 18-12 / 20-15 / 22-17/ 25-19/ 26-22/ 31-26

Arbitraron: Abel Juncal e Angel villar, excluíron a Brais Vila (3), Adrián Mesejo 1, Iago Rincón 1, Iker martínez (2), Pedro Pereira e Alex Gómez polo Xiria e a Brais Cordeiro, Sergio Piñeiro e Mario Rivas polo Luceros

luceros-8 luceros-7 luceros-6 luceros-5 luceros-4 luceros-3 luceros-2 luceros-1